Blumea - Journal of Plant Taxonomy and Plant Geography é unha revista de botánica revisada por pares e publicada polo Herbario Nacional dos Países Baixos, de Leiden.
Historia e características A excepción dun corto período durante a segunda guerra mundial, Blumea publicouse continuamente desde 1934. Ocúpase da taxonomía, morfoloxía, anatomía, bioxeografía e ecoloxía das espermatófitas e das criptógamas nativas do sueste asiático, especialmente na flora de Malesia, a África subsahariana (excepto Suráfrica) e América do Sur, con énfase nas Güianas.
Blumea publica tres números ao ano, con ao redor de 600 páxinas cada un.
Ademais das edicións estándar, tamén edita unha serie de suplementos de Blumea, na que se publican disertacións e listas de comprobación de plantas rexionais.
O seu nome é unha homenaxe ao botánico xermano-neerlandés Carl Ludwig Blume.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Carl Ludwig Blume
Ligazóns externas Páxina web da publicación Blumea; Tijdschrift voor de Systematiek en de Geografie der Planten (A Journal of Plant Taxonomy and Plant Geography). Leiden no IPNI.
Categoría:Botánica Categoría:Revistas científicas