miniatura|Diagrama que mostra a posición do pecten oculi no ollo dunha ave.|350px O pecten oculi (peite ocular) ou, simplemente, pecten é unha estrutura xeralmente moi pregada cunha forma que lembra un peite de vasos sanguíneos que pertence á coroide dos ollos das aves, situada na parte media do ollo. É unha estrutura non sensorial pigmentada que se proxecta no humor vítreo desde o punto en que o nervio óptico entra no globo ocular. O pecten crese que nutre a retina e controla o pH do corpo vítreo. O alto nivel de actividade do encima fosfatase alcalina observado no pecten oculi foi ligado ao transporte de moléculas nutrientes desde o altamente vascularizado pecten oculi ao humor vítreo e despois ás células da retina para facilitar a súa nutrición. Está presente en todas as aves e algúns réptiles.

No ollo dos vertebrados, os vasos sanguíneos están situados diante da retina, polo que en parte escurecen a imaxe. O pecten axuda a resolver este problema ao reducir moito o número de vasos sanguíneos sobre a retina e facilitar unha gran agudeza visual en aves como os falcóns. A pigmentación do pecten crese que protexe os vasos sanguíneos dos danos producidos pola luz ultravioleta. A absorción de luz dispersada polos gránulos de melanina do pecten oculi tamén se considera que dá lugar a pequenos incrementos na temperatura do pecten e do ollo; isto pode supoñer un incremento da taxa metabólica para optimizar a fisioloxía do ollo a baixas temperaturas como as que hai en voos a grande altitude. O pecten podería tamén dar sombra á retina protexéndoa da luz cegadora ou axudar a detectar obxectos en movemento.Sinclair, Sandra (1985). How Animals See: Other Visions of Our World. Beckenham, Kent: Croom Helm. ISBN 978-0-7099-3336-6.

A estrutura varía segundo a especie de ave e é cónica no kiwi, barbada nas avestrucesS G Kiama, J N Maina, J Bhattacharjee, D K Mwangi, R G Macharia, K D Weyrauch. The Morphology of the Pecten Oculi of the Ostrich, Struthio Camelus. Ann Anat. 2006 Nov;188(6):519-28. doi: 10.1016/j.aanat.2006.06.004. PMID 17140144 e pregada na maioría das demais aves.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Conus papillaris, unha estrutura similar que se encontra nos réptiles

Ligazóns externas Fotos de microsocpio electrónico do pecten do Milvus migrans

Categoría:Anatomía das aves