Sabino Mariño Pereira, nado en Forcarei cara a 1902 e finado en Perillo (Oleiros) o 19 de novembro de 1992, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de José Mariño Cerviño e Carmen Pereira Bértolo. Avogado en Forcarei. Membro da Sociedad obrera de Oficios Varios La Polar (UGT). Coa proclamación da República foi nomeado membro do Comité provisional en abril de 1931.El Pueblo Gallego, 18-4-1931, p. 7. Logo da repetición das eleccións municipais foi elixido alcalde de Forcarei en xuño de 1931.El Pueblo Gallego, 9-6-1931, p. 10. Cesou como alcalde en 1934. Foi nomeado delegado provincial interino de Traballo na Coruña en xullo de 1934,El Pueblo Gallego, 13-7-1934, p. 8. cesando en xaneiro de 1935.La Voz de Galicia, 19-1-1935, p. 12. Exerceu como apoderado das dereitas nas eleccións de febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Forcarei a finais de xullo.La Voz de Galicia, 29-7-1936, p. 5. En marzo de 1937 foi denunciado por facilitar documentación a catro veciños de Millerada de ideas esquerdistas que querían emigrar a América. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión, resultando sobresemento provisional e unha multa de 1000 ptas. En 1940 instruíronlle expediente de responsabilidades políticas.El Compostelano, 2-12-1940, p. 2. Nos anos sesenta foi xuíz comarcal de Forcarei. Finou en Perillo o 19 de novembro de[1992.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-11-1992, p. 66.
Vida persoal
Casou con María Bobillo González e foi pai de Consuelo, José Manuel e María del Carmen Mariño Bobillo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Forcarei (1936-1977)
Ficha en Memoria da Coruña
Categoría:Avogados de Forcarei Categoría:Alcaldes de Forcarei Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Forcarei Categoría:Nados en 1902 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 1992