Gertrud é un filme dinamarqués de 1964 dirixido por Carl Theodor Dreyer. Baséase na novela homónima de 1906 escrita por Hjalmar Söderberg. O papel de Gertrud Kanning é interpretado por Nina Pens Rode, xunto con Bendt Rothe como o seu marido, Gustav Kanning, e Baard Owe como o seu amante, Erland Jansson.

Gertrud foi o último filme de Dreyer. Destaca polas súas moitas tomas longas, unha delas de case dez minutos con Gertrud e o seu ex amante, Gabriel, falando sobre os seus pasados. O filme estreouse con críticas diversas, mais agora está considerado unha das obras mestras de Dreyer. Foi escollido como candidato de Dinamarca para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 38ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences

Sinopse Gertrud, que chegou a ser unha famosa cantante, decídese a abandonar o seu marido e marchar co seu amante. O día seguinte descobre que este a traizoou e iso impide que lle poida entregar un amor absoluto, polo que a muller abandona os dous e comeza unha vida en solitario, reflexionando sobre como o compromiso do amor é unha simple convención que non vai alén de tentar un límite que moitas veces non significa nada.

Personaxes Nina Pens Rode como Gertrud Bendt Rothe como Gustav Kanning Ebbe Rode como Gabriel Lidman Baard Owe como Erland Jansson Axel Strøbye como Axel Nygren Vera Gebuhr como ama de chave de Kanning Lars Knutzon como estudante

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Dinamarca propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 38ª edición dos Óscar

Bibliografía

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1964 Categoría:Filmes en lingua dinamarquesa Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes dirixidos por Carl Theodor Dreyer Categoría:Filmes sobre psiquiatría Categoría:Filmes rodados en Dinamarca Categoría:Filmes ambientados en Suecia