miniatura|180px|A frecha vermella sinala o estaminodio veludo nunha flor de Penstemon grinnellii.
En botánica, un estaminodio é un estame rudimentario, estéril ou abortado, que perdeu a súa función. Isto significa que non produce pole.
Etimoloxía O termo estaminodio é a adaptación do latín científico staminodium, derivada de stamen, -ini, "estame", coa adición do sufixo -odium, tirado do grego antigo -ωδης -ōdēs, "semellante" (e que deriva do adverbio ὦδε ṓde, "desta maneira".staminodium no Merriam-Webster Dictionary.
Características Os estaminodios están frecuentemente disimulados, case ocultos, e parecen estames. Normalmente están situados no verticilo interior da flor.
Ás veces, os estaminodios non están atrofiados completamente, e poden daquela estaren modificados para realizaren novas funcións, como a produción de néctar, ou a atracción óptica ao adquiriren un aspecto petaloide.
Os estaminodios poden ser unha característica decisiva para diferenciar entre especies, especialmente no xénero Paphiopedilum das orquidiáceas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-335-0078-3. Strassburger, E. (1994): Tratado de botánica. 8ª edición. Barcelona: Edicones Omega, S. A. ISBN 84-282-0979-0.
Categoría:Anatomía vexetal Categoría:Termos botánicos
de:Staubblatt#Modifikationen