Bruno Vieira Amaral, nado en Barreiro en 1978, é un escritor, crítico literario e tradutor portugués.

Traxectoria É licenciado en Historia Moderna e Contemporánea polo ISCTE de Lisboa.

En 2002 foi seleccionado para a Mostra Nacional de Jovens Criadores a través da súa poesía. En 2016 foi nomeado unha das Dez Novas Voces da Europa (Ten New Voices from Europe), escolla da plataforma Literature Across Frontiers.

Ten varias colaboracións no Expresso, a Rádio Observador, o DN Jovem, na revista Atlântico e no xornal i. Tamén foi crítico literario, tradutor e autor da Guia Para 50 Personagens da Ficção Portuguesa, e é autor de varios blogues, como o Circo da Lama.

É, ademais, editor-adxunto da revista LER e asesor de comunicación das editoras do Grupo Bertrand Círculo.

Obras

Novela As Primeiras Coisas (2013). Quetzal Editores. 312 páxs. Un cerello de historias ben contadas, que nos transporta para o Bairro Amélia. Hoje estarás comigo no Paraíso (2017). Quetzal Editores. 368 páxs. Entre lembranzas da infancia, descricións da Angola pasada e o misterio pola morte de João Jorge... Uma Ida ao Motel (2020). Quetzal Editores. 192 páxs.

Contos Uma Ida ao Motel e Outras Histórias (2020). Quetzal Editores. 192 páxs.

Ensaio Guia Para 50 Personagens da Ficção Portuguesa (2013). Guerra & Paz Editores. 229 páxs. Aleluia! (2015). Fundación Francisco Manuel dos Santos. 104 páxs. Sobre as seitas cristiás marxinais do catolicismo dominante. Manobras de Guerrilha. Pugilistas, Pokémons & Génios (2018). Quetzal Editores. 288 páxs. Crónicas

Premios A súa novela de estrea, As Primeiras Coisas, valeulle:

2013: Premio de Libro do Ano da revista TimeOut 2013: Premio Fernando Namora 2013: Premio PEN Narrativa 2013: Premio Novos, Literatura 2015: Premio Literario José Saramago

A súa segunda novela, Hoje estarás comigo no Paraíso, valeulle:

2016-2017: Tabula Rasa, Ficção 2018: Segundo lugar do Prémio Oceanos

Notas

Categoría:Poetas de Portugal Categoría:Críticos literarios de Portugal Categoría:Tradutores de Portugal Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Nados en 1978 Categoría:Escritores en lingua portuguesa