Francisco Álvarez-Cascos Fernández, nado o 1 de outubro de 1947 en Madrid, é un político español.
Traxectoria De familia asturiana viviu desde mozo en Xixón, estudou enxeñería de camiños en 1976 uniuse a un dos grupos, Reforma Democrática, que posteriormente constituirían Alianza Popular. Entre 1979 e 1986 foi o voceiro de AP no concello de Xixón. Elixido senador por Asturias (1982-1986), candidato á presidencia de Asturias perdeu fronte a Pedro de Silva (1983). Elixido deputado no Congreso dos Deputados en 1986 (ata 2004). Foi elixido secretario xeral do PP en 1989 posto no que permanecería ata 1999. Con José María Aznar foi vicepresidente primeiro e ministro da presidencia (1996-2000) e ministro de fomento (2000-2004). A súa decisión de afastar o Prestige, sen informes que avalaran a decisión,"Cascos admite que no tiene informes para justificar el alejamiento del «Prestige»" La Voz de Galicia das costas galegas e a súa actuación durante a catástrofe foi moi cuestionada por múltiples sectores sociais e políticos de Galicia.
O 1 de xaneiro de 2011 abandonou o Partido Popular por sentirse "insultado" pola directiva do partido. Fundou entón o partido Foro Asturias.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha na páxina web do Congreso dos Deputados
Categoría:Medalla de Ouro de Galicia Categoría:Ministros da Presidencia de España Categoría:Vicepresidentes do goberno de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Políticos de Foro Asturias Categoría:Nados en 1947 Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Madrid Categoría:Políticos de AP Categoría:Concelleiros de Asturias Categoría:Senadores de España polo PP Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Deputados da Xunta Xeral do Principado de Asturias Categoría:Presidentes do Principado de Asturias Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VII Lexislatura) Categoría:Ministros do Goberno de España da VI Lexislatura Categoría:Ministros do Goberno de España da VII Lexislatura Categoría:Ministros de Fomento de España