A Rivista italiana di numismatica é unha publicación peiódica de edición anual especializada en materia numismática. Trátase da revista científica italiana máis antiga das existentes na actualidade.
Historia A Rivista italiana di numismática fundouse en 1888 da man de Ercole e de Francesco Gnecchi. O seu primeiro director foi Solone Ambrosoli, quen asumiu o posto durante os primeiros dous anos da revistaRivista italiana di numismatica 1888: "Prefazione".Rivista italiana di numismatica 1890: "Ai lettori". Ambrosoli foi sucedido na dirección polos fundadores, os irmáns Gnecchi, durante os seguintes vinte e oito anos. Nos anos 1918 e 1919 dirixiu a revista o numismático Lodovico Laffranchi, que lle imprimiu unha modernización e a dotou de recoñecemento internacional.Gorini, G. (1988).Savio, A. "Lodovico Laffranchi ". I Grandi Numismatici. Società numismatica Italiana.
En 1892, o grupo de numismáticos que sostiña a revista fundou a Società Numismatica Italiana e, como consecuencia, a revista constituíuse no órgano oficial da nova sociedade.Rivista italiana di numismatica 1892: "Notizie varie".
A partir de 1979, os primeiros números da revista pasaron a estar dispoñibles en fieis reproducións dos orixinais, baixo a responsabilidade do editor Aldo Ausilio di Padova.
O seu director actual é Andrea Saccocci."Comitato Scientifico ". No espazo da Revista na web da SNI.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Società numismatica italiana
Bibliografía
Gorini, G. (1988). "Cento anni di Rivista italiana di numismatica ". En Rivista italiana di numismatica. XC. Milán.
Ligazóns externas
Espazo da Rivista italiana de numismatica na web da Società numismatica italiana.
Categoría:Revistas de numismática Categoría:Revistas de Italia Categoría:Revistas científicas