O carmesí,carmesí no Dicionario da RAG. é unha cor que corresponde especificamente á coloración do po que resultaba de triturar os corpos secos das femias do insecto chamado quermes (Kermes vermilio), que se recollían principalmente dos arbustos Quercus coccifera, e que se comercializaba nos países mediterráneos como pigmento para tinguir teas.

Tamén se chamaron "carmesí" ás cores subministrados pola tintura do quermes —que se asemella ao "carmín" das pinturas artísticas que hoxe en día se comercializan baixo esa denominación de cor— e os panos de seda ou de la tinguidos de cor escarlata nos que, polo xeral, se empregaba como mordente alume, e se tinguían con carmesí. Máis amplamente, por carmesí pode entenderse a cor escarlata ou calquera tea tinguida de vermello vivo.

Carmesí (Pantone)PANTONE PQ-19-1762TCX Crimson Pantone LLC, 2018 Carmesí (específico)

Etimoloxía O vocábulo "carmesí" aparece na lingua castelá a mediados do século XV, aínda que foi precedido por clemesín, utilizado durante o século XIV.carmesí, no Breve diccionario etimológico de la lengua castellana, Joan Corominas, 2011, consultado o 25 de xuño de 2020. Deriva do latín medieval cremesinus,crimson, no Online Etymology Dictionary, Douglas Harper, 2001–2012, consultado o 25 de xuño de 2020. por vía do árabe hispánico qarmazí, "da cor do quermes".carmesí en DiGalego. Consultado o 25 de xullo de 2020.carmesí no DRAE. Consultado o 25 de xullo de 2020. E do castelá pasou ao galego

Cor web As cores web establecidos por protocolos informáticos para o seu uso en páxinas web inclúen os carmesí (Crimson) que se mostran abaixo. En programación á posíbel invocalo polo seu nome, ademais de polo su valor hexadecimal. Véxase Triplete hexadecimal.

CarmesíCarmesíHTML#DC143C#A20025RGB(220, 20, 60)(162, 0, 37)HSV(348°, 91 %, 86 %)(346°, 100 %, 64 %)ReferenciaX11Windows Phone 8.Windows Phone 8 Theme Colors Creepyed 2012

Historia e usos Na Europa do século XV a cor escarlata era considerada a máis suntuosa e cara, e a carmesí, a ser similar, compartía ese privilexio. Foi un colorante de primeira orde na industria tintureira toscana da época, e á vez a principal cor das roupas de luto, seguida da escarlata e a pavonazo (unha púrpura escura).

Vexiloloxía española A carmesí é considerada a cor vexilolóxico tradicional de Castela (España). Os pendóns de moitas vilas e pobos casteláns defínense, actual e tradicionalmente, por esa cor. Porén, a confusión acerca da cor precisa deste "carmesí" deu lugar a variantes.

Cómpre recordar que "carmesí" non é só unha denominación de cor, senón que tamén designa aos tecidos de seda ou de la tinguidos desa cor ou de escarlata e, por extensión, a calquera pano tinguido de vermello vivo.

Nos séculos XVIII e XIX xulgouse que a chamada carmesí representaba a púrpura heráldica, levando a considerar o pendón castelán portado polos comuneiros como púrpureo, aínda sen ter probas diso. Posteriormente varios especialistas xustificaron o erro na decoloración de moitas bandeiras e estandartes de tafetá carmesí que, co paso dos anos, toman un ton violáceo ou purpúreo.

Na actualidade, numerosos territorios e localidades de España definen a cor das súas bandeiras como "carmesí", algúns simplemente de forma nominal e outros precisando a súa coloración de maneira exacta mediante especificacións técnicas, dando lugar a variacións. O máis habitual son as construcións coas armas do organismo ou municipio sobre un pano carmesí, como é costume cos reposteiros.

Vermello Cartagena Pantone 202 C

Na rexión española de Murcia, a carmesí vexilolóxica denomínase vermello Cartagena; recibe ese nome debido a que é a cor da bandeira do municipio de Cartagena.

Oficialmente normalizouse como Pantone 202, código pertencente ao sistema de cor Pantone Matching System.

Trátase dun vermello purpúreo escuro.

Comunidades autónomas de España

Provincias españolas

Municipios españois Municipios cuxas bandeiras se inscriben nun único campo carmesí:

Municipios cuxo compoñente carmesí é parcial:

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Cardon, Dominique (2003): Le monde des teintures naturelles . París: Belin. ISBN 978-2-7011-6143-3. Greenfield, Amy Butler (2005): A perfect red: Empire, espionage, and the quest for the color of desire. Nova York: HarperCollins. ISBN 978-0-0605-2275-9.

Outros artigos Cor Vermello Carmín Kermes vermilio

Ligazóns externas Center for Science in the Public Interest (nota de prensa) (1 de maio de 2006): Bug-Based Food Dye Should Be ... Exterminated, Says CSPI . Carmine. Natural organic pigment known since antiquity en ColourLex .

Categoría:Cores Categoría:Materiais de pintura Categoría:Pigmentos biolóxicos Categoría:Produtos químicos