Xiana Margarida Méndez Bértolo, nada o 27 de xullo de 1977 en Pontevedra, é unha economista galega. Desde xuño de 2018 é Secretaria de Estado de Comercio no goberno de Pedro Sánchez.

Traxectoria Licenciouse en Dereito e en Administración e dirección de empresas pola Universidade Pontificia Comillas de Madrid. En 2004 ingresou mediante concurso oposición no Corpo Superior de Técnicos Comerciais e Economistas do Estado e comezou a súa traxectoria profesional na Comisión Nacional da Competencia (CNC).

Entre os anos 2013 e 2015, desempeñou diferentes postos na Dirección Xeral de Política Económica do Ministerio de Economía, chegando a especializarse nos sectores do transporte, infraestuturas e crédito oficial.

A partir do mes de agosto de 2015, pasou a ser a Conselleira Económica e Comercial da Embaixada de España en Ecuador, situada na cidade de Quito.

En 2018 regresou a España após ser nomeada polo Consello de Ministros, como a nova Secretaría de Estado de Comercio e tamén a nova Presidenta do Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX). O 16 de xaneiro de 2023 estivo a piques de ser cesada pola ministra Reyes Maroto a favor de Juan Ignacio Díaz Bidart por presións de Nadia Calviño, pero a operación foi abortada por Moncloa.

Vida persoal É irmá da xeógrafa Elena Méndez Bértolo e do psicólogo Constantino Méndez Bértolo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Xiana Méndez no Portal da transparencia do Goberno de España

Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Avogados de Pontevedra Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia Comillas Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes