Krigen é un filme dinamarqués de 2015 escrito e dirixido por Tobias Lindholm, e protagonizado por Pilou Asbæk e Søren Malling. Conta a historia dunha empresa militar dinamarquesa en Afganistán que está a loitar contra os talibáns mentres tenta protexer os civís, ó tempo que o comandante é acusado de cometer un delito de guerra. O filme foi escollido como candidato de Dinamarca para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 88ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.
Personaxes Pilou Asbæk como Claus Michael Pedersen Søren Malling como Martin R. Olsen Dar Salim como Najib Bisma Tuva Novotny como Maria Pedersen Charlotte Munck como Lisbeth Danning Dulfi Al-Jabouri como Lutfi "Lasse" Hassan
Produción O filme producido por Nordisk Film co apoio de DR TV e recibiu oito millóns de coroas dinamarquesas do Instituto de Cinema de Dinamarca. A rodaxe tivo lugar en Copenhagen, en Konya (Turquía) e en Almería, España. A rodaxe rematou en xaneiro de 2015. Agás os personaxes principais, os soldados do filme son interpretados por soldados reais dinamarqueses que serviron en Afganistán.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Dinamarca propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 88ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic
Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua dinamarquesa Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes dirixidos por Tobias Lindholm Categoría:Filmes sobre avogados Categoría:Filmes ambientados en Afganistán Categoría:Filmes rodados en Turquía Categoría:Filmes rodados en España Categoría:Filmes rodados en Dinamarca