Pedro García Arcas, nado en Sarria e finado no mesmo concello o 27 de xuño de 1936, foi un político galego.

Traxectoria

Secretario do Centro Republicano de Monforte de Lemos en 1932, militou na ORGA. Foi detido en outubro de 1934 con Vicente Páramo Losada, Antonio Rodríguez Castro, Antonio Sanmartín López, Manuel Durán Fernández, Emilio Golás Rodríguez, Julio Páramo Sánchez, e Felipe Rodríguez García, acusados de confeccionar e repartir follas subversivas incitando á revolución.El Pueblo Gallego, 28-10-1934, p. 12. Integrouse en Izquierda Republicana da que foi elixido secretario da agrupación local en 1935. En marzo de 1936 foi nomeado concelleiro. A madrugada do 26 de xuño de 1936 foi obxecto dun atentado cando o falanxista Manuel Carrozas Varela lle disparou, feríndoo gravemente no local da sociedade La Unión, matando ao tamén concelleiro Victorino Cabarcos López cando tratou de detelo.Diario de Pontevedra, 27-6-1936, p. 2.El Pueblo Gallego, 27-6-1936, p. 12.La Voz de Galicia, 28-6-1936, p. 10.. Finou ao día seguinte a consecuencia das feridas.El Pueblo Gallego, 28-6-1936, p. 1. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 abríronlle expediente de responsabilidades políticas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

O alcalde e a Corporación ditaron medidas de axuda para as familias

Discurso radiofónico de Pedro García Arcas

Categoría:Concelleiros de Sarria Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Sarria Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes