Gloria Fernández Fernández, nada en Monforte de Lemos en 1913Segundo , naceu en 1918, o resto das fontes indican 1913 como ano de nacemento. e finada en Madrid en 1996, foi unha pintora ao óleo de paisaxes, retratos e bodegóns, galega.
Traxectoria Fixo a carreira de piano no Conservatorio de Madrid. En Madrid tamén asistiu ás clases de pintura de Manuel Gutiérrez Navas.Enciclopedia Galega Universal.
Casou na igrexa monfortina da Régoa o 28 de outubro de 1940, con 27 anos de idade, con Gumersindo Pérez Álvarez, de 39 anos, avogado.
Obtivo un segundo premio na Exposición Provincial de Lugo de 1951. Gañou a Terceira Medalla no Salón de Outono de Madrid de 1963. Participou no Salón de Outono de Madrid de 1966, na Primeira Bienal Rexional de Arte de Pontevedra (1970) e na Primeira Bienal Nacional de Arte de Pontevedra (1971).
Nos anos sesenta foi un dos piares da intelectualidade de Monforte. Manuel Hermida Balado menciona a Gloria Fernández como unha das tres notables pintoras da provincia.
Fixo exposicións individuais en Lugo (1963), A Coruña (1963), Ourense (1963), Vigo (1963, 1972 e 1976), Santiago de Compostela (1965) e Madrid (1969).
É tía do pintor Roberto González Fernández, que lle organizou a exposición de homenaxe póstuma, Gloria Fernández para o recordo, en Monforte de Lemos de outubro a novembro do ano 2001."Cerca de cuarenta alumnos de Gloria Fernández participarán en el homenaje a la pintora" La Voz de Galicia, 2/10/2001 .
O Museo Provincial de Lugo ten máis de vinte cadros seus, institución que lle dedicou unha exposición retrospectiva do 8 de abril ao 4 de maio de 2008,Museo Provincial de Lugo inaugurada por Antonio Veiga Outeiro,"O responsable da área de Cultura inaugurou no Museo unha exposición da pintora monfortina Gloria Fernández" Deputación de Lugo, 4/12/2007. que a definiu como «apaixonada, cargada de imaxinación e dunha desbordante personalidade que se apreixa nos seus cadros e que deixa ver unha vida interior intensa e forte».
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Catálogo da exposición do ano 2008 (1ª parte e 2ª parte) no Museo Provincial de Lugo.
Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes