Samantha Jane Morton, nada en Nottingham (Inglaterra) o 13 de maio de 1977, é unha actriz inglesa nomeada aos Premios Óscar e aos Globos de Ouro polo seu papel en Sweet and Lowdown.
Traxectoria Samantha Morton é filla de Pamela Mallek e Peter Morton, quen se divorciaron cando Samantha tiña tres anos. Iniciou a súa carreira aos trece anos, cando se uniu á Central Junior Television Workshop de Inglaterra. Aos dezaseis anos, trasladouse a Londres, onde actuou no Royal Court Theatre e tamén traballou de forma breve nalgúns capítulos da serie británica de televisión Cracker.
En 1997 interveu en series de televisión e no telefilme sobre a novela de Charlotte Brontë Jane Eyre (1997), onde interpretou a protagonista. Despois de traballar na serie Band of Gold, Morton saltou á gran pantalla en 1997 con Under the skin, de Carine Adler. Esta interpretación e outras posteriores chamaron a atención de Woody Allen, que a escolleu para facer un papel secundario en Sweet and Lowdown (1999). Por este papel, Morton foi candidata ao Óscar e ao Globo de Ouro como mellor actriz secundaria.
A partir de aí traballou para Julien Amorne en Pandaemonium (2000) ou Steven Spielberg en Minority Report (2002). Precisamente en 2002 gañou o galardón á mellor actriz nos British Independent Film Awards polo seu traballo en Morvern Callar. O ano seguinte foi candidata ao Óscar como mellor actriz principal por In America, de Jim Sheridan.
Foi a protagonista da serie británica Rillington Place (2016) e unha das coprotagonistas de Harlots. Foi contratada como antagonista principal na novena tempada de The Walking Dead no papel de Alpha, líder dos Whisperers.
Filmografía Ano Título Personaxe Notas 1997 This Is the Sea Hazel Stokes 1997 Under the Skin Iris Kelly 1999 Sweet and Lowdown Hattie 1999 Jesus' Son Michelle 1999 Dreaming of Joseph Lees Eva 2000 Pandaemonium Sara Coleridge 2002 Minority Report Agatha 2002 Morvern Callar Morvern Callar 2003 In America Sarah 2003 Code 46 Maria Gonzáles 2004 Enduring Love Claire 2005 River Queen Sarah O'Brian 2005 The Libertine Elizabeth Barry 2005 Lassie Sarah Carraclough 2006 Slipp Jimmy fri Sonia Dobraxe en inglés 2007 Expired Claire 2007 Control Deborah Curtis 2007 Elizabeth: The Golden Age María I de Escocia 2007 Mister Lonely Marilyn Monroe 2008 Synecdoche, New York Hazel 2008 The Daisy Chain Martha Conroy 2009 The Messenger Olivia Pitterson 2012 John Carter Sola Captura de movemento 2012 Cosmopolis Vija Kinsky 2013 Decoding Annie Parker Anne Parker 2013 Her Produtora asociada 2013 The Harvest Katherine 2014Miss JulieKathleen 2015 Call Me Lucky Ela mesma Documental 2016 Animais fantásticos e onde atopalos Mary Lou Barebone 2018 Two for Joy Aisha
Notas
Categoría:Nados en Nottingham Categoría:Nados en 1977 Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Nenos prodixio