Alén Space é unha empresa galega do sector do NewSpace, localizada en Vigo. Está dedicada ó desenvolvemento en todas as etapas, software e hardware, deseño e construción de satélites artificiais.

Historia A historia de Alén Space comeza no 2007 por medio dunha iniciativa do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) para o lanzamento dun nanosatélite. Grazas a isto fundaríase a Agrupación Estratéxica Aeroespacial da Universidade de Vigo, composta por un equipo de varios departamentos e liderada por Fernando Aguado, e daría inicio o deseño e a fabricación de Xatcobeo, que no ano 2012 converteuse no primeiro nanosatélite español.

Isto marcaría o inicio de novos proxectos como os satélites Humsat-D lanzado no 2013 e o Serpens lanzado no 2015 en colaboración coa Oficina de Nacións Unidas para Asuntos do Espazo Exterior (UNOOSA) e pola Axencia Espacial Europea (ESA).

No 2017 co financiamento do Programa Ignicia da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia fundásese a empresa aeroespacial Alén Space.

No ano 2018 entrou na clasificación das 100 startups máis importantes do 2018 segundo a organización South Summithttps://alen.space/es/southsummit-nos-selecciona-entre-las-100-startups-mas-innovadoras/e gañou o premio Cinco Días á innovaciónhttps://cincodias.elpais.com/cincodias/2019/06/07/fortunas/1559923734_399419.html.

No ano 2019 recibiu unha rolda de investimento de 1 millón de euros por parte de CDTI e BeAble Capital.

No ano 2020 foi elixida como Best Space Startup nos Premios South Europe Startup Awards (SESA).https://alen.space/es/alen-space-elegida-como-best-space-startup-en-los-premios-sesa/

Neste mesmo ano 2020 Sateliot, operador de telecomunicacións satelital baixo unha arquitectura 5G, anunciou unha alianza con Alén Space para o desenvolvemento da carga útil dos seus primeiros nanosatélites co obxectivo de realizar o primeiro lanzamento a fináis do ano 2020https://actualidadaeroespacial.com/sateliot-ultima-con-alen-space-la-tecnologia-que-ira-a-bordo-de-su-primer-nanosatelite/ A tecnoloxía que irá a bordo deste nanosatélite está composta por unha tarxeta SDR (Radio Definida por Software), onde se procesan os sinais recibidos e xéranse a que se transmiten a terra. Ademais dunha placa de acondicionamento de radiofrecuencia e unha antena despregable que permitirá a comunicación cos dispositivos terrestres.https://alen.space/es/sateliot-ultima-con-alen-space-la-tecnologia-que-ira-a-bordo-de-su-primer-nanosatelite/.

No 2021 forma parte dunha colaboración coa Universidade de Oviedo e a Universidade de Vigo cun proxecto para a ESA para explorar as covas lunares.

Satélites desenvolvidos Xatcobeo (2012) Humsat-D (2013) DustCube (2015-16) Serpens (2015) Lume-1 (2018) 3B5GSAT de Sateliot (2021)

Notas

Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Tecnoloxía en Galicia Categoría:Nanotecnoloxía Categoría:Organizacións aeroespaciais