O ácido quermésico é un ácido monocarboxílico e unha tetrahidroxiantraquinona, concretamente a 3,5,6,8-tetrahidroxi-9,10-antraquinona, substituída por grupos metilo e carboxilo nas posicións 1 e 2, respectivamente. Kermesic Acid en PubChem .

Etimoloxía A raíz quernes- deriva do árabe qirmiz, "cochinilla".KERMÈS no Trésor de la Langue Française informatisé.

Fórmula química A súa fómula molecular é C16H10O8, e o seu nome na IUPAC é ácido 3,5,6,8-tetrahidroxi-1-metilo-9,10-dioxoantraceno-2-carboxílico.

Propiedades É unha tintura natural vermella intensa,Claire Giry-Lozinguez (17 de outobro de 1995): Dominique Cardon... , en Libération . Consultada o 12 de xuño de 2020. illada nas especies de insectos hemípteros da superfamilia dos cocoideos (cochinillas) pertencentes ao xénero Kermes, especialmente de Kermes vermilio, a cochinilla do carrasco, así chamada porqie vive como parasito no carballo carrasco.

Ten un papel como metabolito animal e como colorante para tinguir.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Carmín Quercus coccifera

Ligazónbs externas Cooksey, C. J. (2018): "The red insect dyes: carminic, kermesic and laccaic acids and their derivatives" (Resume). Biotechnic & Histochemistry 94 (2): 100-107. Kermesic acid en National Institutes of Health (NIH) . CHEBI:90183 - kermesic acid en ChEBI .

Categoría:Ácidos carboxílicos Categoría:Produtos químicos Categoría:Pigmentos biolóxicos