miniatura|241x241px|Tres exemplares de aes grave de Iguvium, ca. 280-240 a. de C., no Altes Museum de Berlín.

A moeda etrusca é a cuñada e utilizada pola civilización etrusca, entre os séculos VIII e VII a. de C. e nun espazo abranguido entre os ríos Arno e Tíber, entre o mar Tirreno e os montes Apeninos.

O breve período de uso da moeda etrusca supón unha conciliación de dous sistemas ben diferenciados: un sistema ponderal primitivo para o bronce, baseado no aes grave, característico da Italia central, e outro para as cuñaxes de prata e ouro, de influencia grega e máis propio do sur da Península, que ata ese momento resultaba pouco familiar en Etruria.

Do estudo das emisións monetarias etruscas ocúpase unha división da numismática: a numismática etrusca.

Moedas

Series de prata Sen termos en conta as primeiras fraccións de prata dos inicios do século V a. de C. do tesouro de Volterra (1868)Rutter, N. K. (2001). Nº 92-94.Thompson, M.; Morkholm , O.; Kraay, C. M. (1973). Nº 1.875., que probablemente sexan de produción non etrusca, as primeiras moedas etruscas de prata coñecidas parecen ser as de Vulci e Populonia, nas actuais provincias de Viterbo e Livorno, respectivamente. Resulta plausible a atribución ao século V a. de C. deses primeiros tridracmas, didracmas ou estateros e dracmas, xa que parecen responder ao padrón ponderal de Calcis, cun didracma de 5,8 gramos, propio das áreas gregas máis próximas a Etruria naquela época.Rutter, N. K. (2001). Nº 513. Estas moedas son, ademais, de estilo grego, aínda que con influencias etruscas, e abundan nelas as imaxes de animais e monstros exóticos. As rodas con puntais curvos de Vulci tamén lembran algunhas moedas trivais macedonias dese mesmo século V.Sylloge Nummorum Graecorum. American Numismatic Society. "Macedonia". Nº 942 e 1.005. Estas primeiras moedas de prata son raras e parece que non foron exportadas; carecen de marca de valor e deberon ter unha circulación limitada.

miniatura|Moeda de prata de 20 ases de Populonia, posterior a 211 a. de C., coa cara da deusa Metus. Peso: 8,30 g.

Adoita atribuírse a Luca e ao derradeiro cuarto do século IV a. de C. (ou algo máis tarde) unha emisión de didracmas de prata coa imaxe ruda dunha cabeza masculina, cuñada segundo o padrón de peso calcídico, similar ao das moedas de Vulci e Populonia mais agora coa marca de valor V.Vecchi, I. (2012). Estas moedas corresponden a unha unidade de prata de aproximadamente 2,25 gramos, e é probable que indiquen a equivalencia de valor en unidades de bronce como o ás ou libra, derivado da litra grega. É probable que esa serie de moedas coa cabeza masculina fose seguida doutras coas figuras dun polbo e unha ánfora, cunha produción máis coidada, emitidas baixo o mesmo padrón ponderal mais co dobre de valor que a primeira.Probablemente producidas en Populonia e atribuídas á ceca de Pisa por Rutter, N. K. (2001). Nº 104-106. As marcas de valor XX, X e V desta nova serie achéganse ao valor dunha unidade de prata de 1,13 gramos (aproximadamente o escrúpulo romano), e é probable que represente a desvalorización da unidade de bronce en relación coa prata.

Populonia puido ser a primeira cidade etrusca en colocar unha marca de valor na súa moeda, seguindo unha práctica establecida a mediados do século V a. de C. en Siracusa e noutras cecas sicilianas para as fraccións unciais de prata da litra, e en Akragas, para a litra e as cinco litras de prata, denominadas respectivamente ΠΕΝ (pentalitron) e I (litra).Colin M. Kraay en VVAA (1976). Páxina 795.Sylloge Nummorum Graecorum. American Numismatic Society. "Sicily". Nº 986-995.

A primeira serie de Metus foi datada na segunda metade do século V a. de C., a partir da escavacións recentes en PrestinoVVAA (1986). Como fra etruschi e celti. Societa Archeologica Comense. Como., unha cronoloxía confirmada polo posterior achado dunha peza de cinco unidades da mesma serie na escavación do século IV a. de C. dun santuario etrusco en Golasecca.Quaderni Ticinesi di Numismatica et Antichità Classiche. XXII. 1993. Páxina 44. O padrón ponderal empregado parece ser o do estatero corintio (ou dracma ático), cun peso teórico de aproximadamente 8,6 gramos, subdividido en 10, 5 e 2½ unidades que parecen suxeitarse ao padrón siciliano da litra de prata de 0,86 gramos. Unha emisión de estateros de padrón corintio testemuñada en Cumae, o veciño grego máis próximo a Etruria, datada arredor de 470-455 a. de C.,Rutter, N. K. (2001). 524. pode proporcionar o modelo metrolóxico para esa emisión, que se marcou co número X (10), en tanto que as fraccións son V (5) e II< (2½).

A segunda serie de Metus de Populonia, con marcas de valor de XX, X e V unidades, responde ao mesmo padrón metrolóxico que as de XX unidades de Hércules e de Minerva, as de X da cabeza masculina ou feminina, as de V da cabeza masculina,e as de 2⅕ e dunha unidade, e por asociación metrolóxica están relacionadas coas de Metus, as da cabeza de león, e emisións de ouro coa cabeza masculina ou feminina, de 10 a 50 unidades. O feito de atopar a evidencia na escavación de Ponte Gini de Orentino suxire unha datación para toda esta fase na primeira metade do século III a. de C. e pode estar relacionada coa primeira guerra púnica.Ciampoltrini, G. (1996). "L'insediamento etrusco nella valle del Serchio fra IV e III secolo a.C. Considerazioni sull'abitato di Ponte Gini di Orentano". En Studi Etruschi. 62. Páxinas 173-210. A metroloxía desta fase, con marcas de valor exactamente o dobre da primeira emisión de Metus, pode corresponder á introdución do denario, proposta por Plinio en 269 a. de C.,Plinio. Naturalis Historia. 23:44. xa que é exactamente o mesmo padrón e anticipa o sistema do denario romano introducido durante a segunda guerra púnica, cara a 212 ou 211.

Series de ouro miniatura|Moeda de ouro de 25 ases de Populonia, ca. 211-206 a. de C., con prótome de león. Peso: 1,40 g.

Ademais destas series de prata, existe unha de ouro cun notable mérito artístico, probablemente orixinaria de Volsinii e con marcas de valor de 20 e de 5 unidades.Rutter, N. K. (2001). 221-222. A única peza de 20 unidades, que representa a cabeza de Apolo e un boi camiñando, lembra as emisións de bronce das colonias latinas de Aesernia, Cales, Compultaria, Suessa Aurunca e Teanum Sicidinum in Campania datadas a mediados do século III a. de C.Rutter, N. K. (2001). 431, 436, 437, 454.

O motivo dun can correndo do reverso da moeda de cinco unidades achega reminiscencias doutras cuñaxes de bronce do século III a. de C. do val de Chiana, cunha cabeza masculina no anverso. Trátase dunha serie illada, cunha unidade de ouro de aproximadamente 0,225 gramos, anterior á principal emisión de ouro de Populonia, cunha unidade de 0,225 gramos, emitida na primeira metade do século III a. de C. e probablemente relacionada coa intervención de Roma, no tempo da rebelión de escravos de Volsinii ca. 265-264 a. de C.

Series de bronce miniatura|Dupondio de bronce de Volterra do padrón do aes grave, ca. 230-220 a. de C. Peso: 288,90 g.

As orixes da moeda etrusca de bronce está nos lingotes premonetarios de bronce denominados aes rude, característicos do centro da Península Itálica e que chegaron a circular por toda Italia a modo de pseudomoedas, polo menos desde o século V a. de C. Cara ao ano 280 a. de C. a libra romana pesaba arredor de 325 gramos e subdividíase en 12 unidades denominadas onzas (duns 27 gramos) e en 288 escrúpulos (de arredor de 1,13 gramos). As posteriores moedas fundidas, xa de forma redonda, coñecidas como aes grave, procedentes de Volterra, Tarquinia, e o val de Chiana, coas súas fraccións (onzas e semionzas), dátanse con seguridade no século III a. de C.Rutter, N. K. (2001). 108-110, 212-220, 51, 56-75. Vecchi, I. (2013). 115-127, 128-144, 144-195, 196-201. Estes ases fundidos (non cuñados), parecen ser un reflexo da ampla serie romana. Estímase que a data de inicio desta serie de moedas de bronce fundidas é en 280 a. de C., e foi reducindo progresivamente o seu peso desde un sistema libral ata outro semilibral coincidindo co estoupido da segunda guerra púnica, cara a 217 a. de C., e mesmo ata un sistema sextantal cara a 214-212 a. de C., que acabou coa introdución dunha moeda de prata de 10 ases (denario) , coas fraccións de cinco ases (quinario) e de 2½ ases (sestercio).

Hai dúas amplas series de bronce cuñado de Populonia e Vetulonia próximas ás series romanas posteriores ao padrón semilibral, que Crawford data arredor de 215-211 a. de C., aínda que poderían ser anteriores.Crawford, M. (1974).

Estudos de numismática etrusca miniatura|180x180px|Lenda etrusca AREVIZIES, reproducida por Sebastiano Ciampi.Publicada en Rivista italiana di numismatica. 1891. Páxina 374.

O Renacemento supuxo unha redescuberta da civilización etrusca, que despois dese período se converteu no obxecto de diversos estudos, aínda que as descricións das moedas e as súas atribucións non foron suficientes para achegar a suficiente claridade sobre a cuestión.

miniatura|180x180px|Lenda etrusca PUPLUNA (Populonia), reproducida por Giuseppe Micali.Micali, G. (1849). Storia degli antichi popoli italiani. Vol. I. Florencia. Páxina 146. Nota 153.

O considerado fundador da numismática moderna do mundo clásico, o xesuíta Joseph Hilarius Eckhel (1737-1798), identificou a moeda de Populonia e a de Volterra, mais ampliou a confusión daquela existente ao atribuír o estatero de ouro de Koson á moeda da colonia romana de Cosa, e as moedas de Élide (coas letras F-A no campo) aos Faliscos.Eckhel, J. H. (1792-1798).

miniatura|234x234px|Reprodución de tres moedas etruscas nun traballo de Sebastiano Ciampi.Ciampi, S. (1813). Lettera di Sebastiano Ciampi sopra tre medaglie etrusche in argento. Pisa.

O numismático inglés James Millingen (1774-1845) identificou as emisións etruscas de aes grave como paralelas ás moedas do Reino da Umbría e de Roma, mais considerou como arcaicas as primeiras emisións cuñadas a martelo de Populonia, sobre a base de consideracións estilísticas e dos modelos utilizados. Millingen admitía que a vila puidese estar fundada polos colonos provenientes de Focea en Xonia, e que as moedas de ouro como as que amosan un prótome de león tivesen a súa orixe en Focea.Millingen, J. (1841). Páxinas 162-166.

O numismático italiano Francesco Carelli (1758-1832) catalogou correctamente as moedas de Populonia, aínda que atribuíu as de bronce de Vetulonia á vila de Telamón.Carelli, F. (1812). Carelli, F. (1850).

miniatura|261x261px|Theodor Mommsen

Sobre o traballo relativo á historia da moeda romana, Theodor Mommsen (1817-1903), a partir de exemplos de moedas cuñadas desde a época de Solón en Atenas realizou unha análise metrolóxica sobre o tema e datou a cuñaxe da moeda de Populonia a principios da metade do século VI a. de C.Momsen, T. (1860).

«Para acharmos o prototipo das moedas etruscas de prata cómpre volvermos ás antigas moedas greco-asiáticas cuñadas dun só lado e, por tanto, nun tempo moi remoto. En efecto, a antiga moeda cuñada en Atenas o ano 165 de Roma (594), da Época de Solón, podería ter sido imitada ben axiña en Populonia, á que as minas de ferro de Etruria lle abriran as relacións comerciais con Grecia, logo dun tempo inmemorial». — Mommsen, T.Mommsen, T. Páxina 217 da edición en francés de 1865.

Gian Francesco Gamurrini (1835-1923), numismático italiano especializado na moeda etrusca, elaborou un estudo co material daquela dispoñible; seguiu a datación de Mommsen mais apreciou semellanzas entre a litra de Populonia e a moeda de prata de Siracusa, e salientou as similitudes entre os signos de valor das moedas de bronce etruscas e as romanas. Foi o primeiro en publicar, en 1875, o contido do tesouro no que apareceron os tipos de Volterra, ademais doutras descubertas.Gamurrini, G. F. (1874).