Alfonso Viña Ouro, coñecido como Alfonso de Xeré, nado en Palas de Rei e finado en Santiago de Compostela o 13 de maio de 1966,Necrolóxica en El Progreso, 14-5-1966, p. 4. foi un avogado e político galego.
Traxectoria Sobriño de José Ouro Arias, tiña unha casa soarega en Xeré (Meixide) onde vivía co seu curmán José Ouro Arias de Xeré (fillo de solteira de Amalia Ouro Arias). Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Palas de Rei en 1926.El Pueblo Gallego, 19-8-1926, p. 13. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado secretario do concello de Palas de Rei en agosto.El Pueblo Gallego, 21-8-1936, p. 7.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas «Na Ulloa hai devoción pola familia dos Ouro»
Categoría:Alcaldes de Palas de Rei Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Palas de Rei Categoría:Finados en 1966 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes