A tempada 1990 foi a 12ª edición do Campionato de Galicia de Rally. O vencedor foi o cabanés Germán Castrillón, sobre un Ford Sierra RS Cosworth. Foi o primeiro dos seis títulos que gañou.
Calendario NºDataRallyNotas131 de marzo3º Rally de VigoResultados221 de abril7º Rally de NoiaResultados319 de maio24º Rally do LacónResultados415-17 de xuño23º Rally de OurenseResultados51 de xullo5º Rally BotafumeiroResultados628 de xullo26º Rally Rías BaixasResultados725-26 de agosto8º Rally Cidade de CristalResultados86-7 de outubro12 Rally San FroilánResultados917 de novembro18º Rally da CoruñaResultados-2 de decembro14º Rally San MartiñoCancelado101-2 de decembro22º Rally de FerrolResultados O Rally de Ferrol non puido ser celebrado en setembro como estaba previsto e dado que a Federación Galega de Automobilismo non permitía a celebración de dous rallys no mesmo mes, quedou sen data dispoñíbel. Con todo, posteriormente cancelouse o Rally San Martiño por non ser presentada a regulamentación a tempo, polo que o Rally de Ferrol puido ocupar o seu oco de decembro.
Desenvolvemento O campionato comezou coa vitoria de Jorge Pérez no Rally de Vigo, nunha proba na que abandonou o principal favorito, o campión galego do ano anterior, Arturo Rial, e na que Manuel Senra participou cun Peugeot 309 GTI 16v sen homologar. Germán Castrillón non disputou ese rally nin os tres seguintes por falta de patrocinadores. O vascofrancés Marc Etchebers logrou a vitoria en Noia e no Botafumeiro, mentres que o berciano Antonio Garrido fixo o propio no Lacón, colocándose ademais líder do campionato.
No quinto rally da tempada, o Rally Rías Baixas, reapareceron Germán e Estrella Castrillón, a bordo dun Ford Sierra Cosworth que pertencera a Carlos Piñeiro. Con este vehículo conseguiron superar a "Culebra" e lograron a vitoria. A partir de aí o seu dominio foi absoluto e venceron de xeito consecutivo as restantes catro probas: o Rally Cidade de Cristal, o San Froilán, o Rally da Coruña e o Rally de Ferrol. Deste xeito proclamáronse campións antes incluso do último rally. Remataron o campionato con máis de 300 puntos de vantaxe sobre o segundo, Antonio Garrido, que logrou o subcampionato ao superar en Ferrol os puntos de "Peitos" que ía segundo ata ese momento. Con todo, Garrido consideraba que Castrillón non podía ser declarado campión debido a que non disputara os seis rallys que segundo a súa interpretación do regulamento eran precisos para a puntuación final, polo que puxo unha reclamación perante a Federación Galega de Automobilismo. Esta foi desestimada por defecto de forma, polo que presentou outra ante a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, pero tampouco esa saíu adiante.
Clasificación PosPiloto CopilotoVehículo1VIG2NOI3LAC4OUR5BOT6RBX7CRI8SFR9COR10FERPuntos1 Germán Castrillón Estrella CastrillónFord Sierra Cosworth111119602 Antonio Garrido López CarbajalFord Sierra Cosworth681Ret66Ret556603 "Peitos" Javier SalgueiroCitroën AX SportRet4564RetRet600 Marc Etchebers Humberto GonzálezFord Sierra Cosworth113Ret Manuel Senra José MaceirasPeugeot 205 GTI2RetRet41122 Sergio Vallejo Diego VallejoPeugeot 205 GTI152123 Jorge Pérez Luis PérezRenault 5 GT Turbo1Ret5Ret Juan Carlos TáboasRodríguezCitroën AX Sport3Ret5RetRet108 Antonio Trelles Candú CostasRenault 5 GT Turbo439Ret José M. López Parada José ValcárcelRenault 5 GT Turbo28Ret744 Lino OteroRenault 5 GT Turbo71310557 Juan Carlos González "Culebra" Gustavo PiñeiroBMW M3Ret2 Arturo Rial Mario PazosCitroën AX SportRetRetRetRetRet3 Carlos PiñeiroFord Sierra Cosworth3Ret Manuel SolleiroCindeRenault 11 Turbo3
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio web da FGA