Rubén Suárez Sousa, nado en Vigo o 22 de xuño de 1973, é un músico e deseñador gráfico galego, tamén coñecido como Ruben Xuarez. Desenvolve a súa carreira musical como compositor e multinstrumentista na banda de cosmic rock Family Folks.
Traxectoria Comezou a súa traxectoria musical en 1991 na banda Foggy Mental Breakdown, da que tamén formaban parte inicialmente Óscar Liboreiro, Diego de Luis, Eladio Santos (Eladio y los seres queridos), Óscar Avendaño (baixista de Siniestro Total) e Xabier Vieitez (Transilvanians, The Soul Jacket). Foi tamén integrante da banda Los tres sudamaricones (1996), formada por Tony Lomba (Germán Fandiño), Eladio Santos, Rubén da Sousa Jr. (alias nese momento de Rubén Suárez Sousa) e Javier Lado. O seguinte proxecto musical no que participou foi Los High Sierras (2001), xunto con Andrés Cunha e os irmáns Bruno e Jacobo Jiménez. A xénese de Los High Sierras tivo lugar a partir de Doctor 5 & the Rhythm Section, unha banda de versións de garaxe e rhtyhm&blues, tras unirse a ela o batería Andrés Cunha. Posteriormente participou no grupo de versións Mec Mecs, xunto con Javier Molina (tamén coñecido como Harvey Springfield) e Óscar Rodríguez. En 2014 fundou o grupo de folk rock Family Folks co músico Bosco Hill, e xuntos conforman o núcleo compositivo desta formación. En 2015 uníronse á banda os irmáns Jorge Lorre (Jorge López González) e Rufus "El Guarro" (Martín López González), ambos integrantes doutras bandas galegas como Dead Wood, Los Wavy Gravies ou The Bo Derek's (xunto con Óscar Avendaño), amais do teclista Xabier Vieitez (Transilvanians, The Soul Jacket). Suárez compaxina a súa carreira musical co seu traballo como deseñador gráfico.
Galardóns En 2007 gañou o Premio á Investigación da Deputación de Pontevedra (categoría Provincia de Pontevedra) polo estudo realizado xunto con Susana Rodríguez Barcia Después de la movida. La música pop y rock en Pontevedra entre 1990 y 2007.
Discografía
Con Foggy Mental Breakdown
Pleased to meet you EP (1995), Man Records. Bizarre Bizarre LP/CD (1997), Animal Records.
Con Los High Sierras
Los High Sierras LP/CD (2003), City Lights. “Viva Rock&Roll” en VVAA: A Tribute to Mr. Rock (LP, Bronco, 2005) Fortune & Venture LP/CD (2006), City Lights.
Con Family Folks
All the Lost Causes LP (2016), Gaztelupeko Hostak. All the Lost Causes CD (2016), Gaztelupeko Hostak. The Anvil Sea (CD) (2018), Gaztelupeko Hostak. The Anvil Sea (2LP) (2019), Gaztelupeko Hostak. Naufrage LP+CD (2022), Gaztelupeko Hostak.
Videoclips con Family Folks
Sea of Whiskey, (Dirixido por Miguel Álvarez Aguiar, 2017). The River, (Dirixido por Buhardilla Lab, 2019). The Beast, (Realizado por Denis Carballás, 2022)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sea of Whiskey, (Dirixido por Miguel Álvarez Aguiar, 2017). The River, (Dirixido por Buhardilla Lab, 2019). Te Beast, (Realizado por Denis Carballás, 2022)
Suárez Suárez Suárez Categoría:Deseñadores gráficos