O INTA-100 foi un foguete sonda español de dúas etapas desenvolvido polo Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial nos anos 1980 para a investigación meteorolóxica.
O seu desenvolvemento tiña como obxectivo lanzar cargas útiles pequenas, así como a preparación do futuro programa Capricornio. O primeiro lanzamento de probas tivo lugar o 11 de xuño de 1984, sucedido por outros até o lanzamento en condicións reais, o 7 de abril de 1992.
Era capaz de levar unha carga útil de 6 kg até 115 km de apoxeo. A súa masa total era de 70 kg, cun diámetro de 10 cm e unha lonxitude de 4 m. A combustión do seu motor principal duraba 42 segundos. Usaba como primeira etapa o foguete aire-terra INTA S-12 e como segunda, a chamada Urbión. O foguete foi producido integramente en España e foi utilizado polo Instituto Nacional de Meteorología. +Historial de lanzamento do foguete INTA-100Sitio de lanzamentoDataReferenciaPropósito do lanzamentoResultadoO Arenosillo11/06/1984INTA MZ-8401Proba, Zorzal 1, MaquetaÉxito12/06/1984INTA MZ-8402Proba, Zorzal 2, MaquetaÉxito13/06/1984INTA RP-8401Lastrado, Rocío 1Éxito27/03/1985INTA RP-8501Lastrado, Rocío 2Éxito18/06/1985INTA RP-8502Lastrado, Rocío 3Fallo24/06/1985INTA RP-8503Lastrado, Rocío 4Éxito13/11/1985INTA RP-8504Lastrado, Rocío 5Éxito15/11/1985INTA RP-8505Chaff, Rocío 6Éxito17/10/1990INTA MZ-9001Proba, M0, MaquetaÉxito21/10/1990INTA MZ-9002Proba, M1, Maqueta semiactivaÉxito22/10/1990INTA MZ-9003Proba, M2, Maqueta semiactivaÉxito18/01/1991INTA RP-9101Proba, Rocío 7, PrototipoÉxito18/01/1991INTA RP-9102Meteo, Rocío 8, PrototipoFallo14/10/1991INTA RP-9103Proba, Rocío 9, 25 anos en ArenosilloÉxito15/10/1991INTA RP-9104Proba, Rocío 10Éxito07/04/1992INTA RP-9201Carga de pago tecnolóxica, Rocío 11Éxito08/04/1992INTA RP-9202Carga de pago tecnolóxica, Rocío 12Éxito
Véxase tamén
INTA-255 INTA-300
Referencias
Categoría:Foguetes sonda