miniatura|230px|Felis silvestris cafra Felis silvestris cafra, coñecido na bibliografía internacional como gato montés da África austral, ou gato salvaxe da África austral, é unha subespecie de Felis silvestris propia da África austral.Felis silvestris cafra Desmarest, 1822 en Wilson D. E. & Reeder, D. M., eds (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Mariland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 0-8018-8221-4.

Taxonomía Descrición A subespecie foi descrita en 1822 polo zoólogo francés Anselme Gaëtan Desmarest.

Etimoloxía O termo cafra procede da cafraría, vasta rexión da África do Sur habitada polos cafres,cafre no Dicionario da RAGcafre, caffre no Trésor de la Langue Française informatisé. Literalmente, "propio da cafraría".

Sinónimos Ademais de polo nome válido actualmente, a subespecie coñeceuse tamén polos sinónimos: F. s. caffra A. Smith, 1826 F. s. caligata Temminck, 1824 F. s. obscura Anderson & de Winton, 1902 F. s. namaquana Thomas, 1926 F. s. rusticana Thomas, 1928

Distribución xeográfica Encóntrase na África austral.www.nic.funet.fi Felis silvestris Schreber, 1777 .

Filoxenia As evidencias fósiles de felinos son bastante escasas. A base da liña do gato salvaxe (Felis silvestris) é probabelmente Felis lunensis, cuxos fósiles se atoparon no Villafranquiense (piso de transición entre o Plioceno e o Cuaternario nun depósito na Toscana. Descubríronse formas intermedias entre Felis lunensis e Felis silvestris nos depósitos do Plistoceno, especialmente no depósito de Petralona, en Grecia.Patrice Raydelet (2009): Le chat forestier. París: Delachaux et Niestlé. ISBN 978-2-6030-1597-1.

Numerosas obras consideran hoxe o gato montés como unha especie politípica, que engloba varias subespecies: Felis silvestris silvestris, Felis silvestris cafra, Felis silvestris ornata, Felis silvestris bieti,Hoxe en día considerado como especie independente, Felis bieti. Felis silvestris lybica e o gato doméstico (Felis silvestris catus).

Traballos realizados sobre o ADN en 2006 e 2007, sobre os cromosomas sexuais, e do ADN mitocondrial de todas as especies de felinos, combinados coa investigación paleontolóxica, revelaron que os felinos se dividiron en oito liñas distintas. A liña do gato doméstico é a última liña que diverxeu, hai aproximadamente 3,4 Ma, no Plioceno, nos desertos e bosques densos da cunca mediterránea.Stephen O'Brien & Warren Johnson (2008): "L'évolution des chats", Pour la science 366, baseado en W. Johnson et al. (2006): "The late Miocene radiation of modern felidae: a genetic assessment", Science 311, e en C. Driscoll et al. (2007): "The near eastern origin of cat domestication", Science 317.

Árbore filoxenética do gato montés A árbore filoxenética do gato montés (Felis silvestris), segundo as investigacións xenéticas publicadas en 2007, é a seguinte.Carlos A. Driscoll, Marilyn Menotti-Raymond, Alfred L. Roca, Karsten Hupe, Warren E. Johnson, Eli Geffen, Eric H. Harley, Miguel Delibes de Castro, Dominique Pontier, Andrew C. Kitchener, Nobuyuki Yamaguchi, Stephen J. O'Brien & David W. Macdonald (2007): "The Near Eastern Origin of Cat Domestication", Science 317 (5837): 519-523.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Felis Felis silvestris

Ligazóns externas NCBI . Arctos Specimen Database . Catalogue of Life .

Categoría:Felis Categoría:Mamíferos de África