A Novena dinastía do antigo Exipto (IX Dinastía) a miúdo combínase coas dinastías VII, VIII, X e XI temperá baixo o título en grupo de Primeiro período intermedio. A dinastía que parece que suplantou a VIII Dinastía é extremadamente escura. A toma de posesión dos gobernantes de Herakleópolis foi violenta e reflíctese na descrición, que fai Manetón, de Achthoes, o fundador da dinastía, como "máis terrible que os seus predecesores", que "fixo cousas malas para todos os exipcios" .

Faraóns A IX Dinastía fundouse en Heracleópolis Magna, e a X Dinastía continuou alí. Neste momento Exipto non estaba unificado, e hai algún solapamento entre estas e outras dinastías locais. A información da IX dinastía, conservada é escasa e contraditoria.

Na Lista Real de Abidos e na Lista Real de Saqqara non se menciona. O Canon de Turín lista dezaoito faraóns para esta liña real, pero os seus nomes están danados, non son identificables ou perdéronse.Sir Alan Gardiner, Egypt of the Pharaohs, Oxford University Press, 1961, pp. 112-13. Manetón, segundo o epítome de Sexto Xulio Africano, comenta: "... dezanove faraóns de Heracleópolis que gobernaron 409 anos". Eusebio de Cesarea escribe laconicamente: "a IX dinastía consistiu en catro soberanos de Heracleópolis, que reinaron cen anos".

A maioría de exiptólogos e historiadores, cos testemuños principais desta época, estiman que só duraría uns cincuenta anos.

A continuación móstrase unha lista "posible" de gobernantes da Novena dinastía baseada no Canon de Turín, xa que os exiptólogos teñen diferentes opinións sobre a orde de sucesión dentro das dúas dinastías. Entre eles, só Meryibre Khety e Nebkaure Khety están testemuñados sen dúbida por achados arqueolóxicos:

+IX Dinastía (segundo Hayes) (c. 2160 - 2130 a.C.)William C. Hayes, in The Cambridge Ancient History, vol 1, part 2, 1971 (2008), Cambridge University Press, , p. 996. Nome Comentarioss Meryibre Khety I O Achthoes de Manetón, un nomarca que se autoproclamou faraón [nome perdido] - Neferkare VII Quizais sexa o Kaneferre mencionado na tumba do nomarca Ankhtifi Nebkaure Khety II Tamén mencionado no conto Historia do labrego elocuente Setut - [nome perdido] - Mery[...] - Shed[...] - H[...] - [tres nomes perdidos] - User(?)[...] -

Segundo o Canon Real de Turín (4.18 a 4.26) e algúns datos arqueolóxicos.

Lista real de Turín Nº Transliteración Transcrición Tradución Nome común Datos arqueolóxicose outras fontes-HASH-HASH-HASH-4.18 Jety (?)Jety IEusebio de Cesarea o denominou Actoes-HASH-HASH-HASH-4.19Merykara (?)Merykara I(Fragmento perdido)<-N5-nfr-kA-Z1-G7->4.20nfr k3 rˁNeferkaraFermoso (é) o espírito (Ka) de RaNeferkara III <-F32:t-A50-i-i-G7-> 4.21ẖt yJetyJety II <-s-M22-M22-n:n-A53-HASH-> 4.22s n n...Senen...Senen... <-F32:t-U33-HASH-> 4.23ẖ t ty...Jetety (Neferkara)Hermoso es el Ka de RaJety III <-N5-mr:r-HASH-F32:t-i-i-> 4.24mry... (rˁ) ẖt yJety Mery...raAmado... de RaJety IV <-F30:D46-HASH-i-i- > 4.25šd...yShed...yShed...y <-V28-HASH-HASH-> 4.26ḥ...H...H...

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de faraóns Ligazóns externas Xenealoxía, Reis e Reinos: IX Dinastía de Exipto Dinastía precedente Dinastía Dinastía seguinte Oitava Dinastía Novena Dinastíac. 2160 – 2130 a.C. Décima Dinastía

09