miniatura|Exemplar do Guru Granth Sahib. O texto do Asa di var está nas angs 462 a 475 Asa di varForma en panxabí moderno, a orixinal era Asa ki var é un varOda ou balada típica da poesía panxabí. Christopher Shackle e Arvind Mandair (2013) Teachings of the Sikh Gurus: Selections from the Sikh Scriptures. Routledge, p. 33 escrito por Nanak Dev Ji, o fundador do sikhismo en panxabí. Na súa forma canónica, recollida na obra Guru Granth Sahib compilada polo gurú Arjan, consta de 24 pauris (estrofas) e cada unha precedida por dous ou máis shaloks (parellas de versos), totalizando 59; son na súa maioría (44) escritos polo propio Nanak pero outros 15 son obra do seu inmediato sucesor, AngadMohinder Kaur Kapoor, Sukhbir Singh Kapoo (2004) Guru Nanak's Asa Di Var. Sterling Publishers, p. 1. A composición, que é unha gabanza a Deus, forma parte do ritual do sikhismo interpretada polos kirtania nos templos e congregacións sikhs no servizo da primeira hora da mañáH. S. Singha (2000) The Encyclopedia of Sikhism. Hemkunt Press, p. 22. Ha de se interpretar nun estilo melodioso establecido por Arjan seguindo o modelo do var Tunda AsrajeAmrik Singh (1999) The Khalsa: A Saga of Excellence. Media Transasia, p. 171 que conta a historia do rei Asraja, que quedou maneto (tunda) ao lle amputar unha man, e tiña fama de bravo e piadoso.

Notas

categoría:Sikhismo