Baron Walter Louis Davis, nado o 13 de abril de 1979 nos Ánxeles, California, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional. Actualmente é analista da National Basketball Association (NBA) na canle estadounidense TNT.

Traxectoria profesional Davis foi seleccionado na 3ª posición do Draft da NBA de 1999 polos Charlotte Hornets, onde xogou durante tres tempadas ata que no verán de 2002 os Hornets trasladáronse de Charlotte, Carolina do Norte a Nova Orleáns. Nesta nova etapa Davis xogou para os Hornets durante tres tempadas máis, nas cales foi elixido para xogar o All-Star Game da NBA en dúas ocasións, nos anos 2002 e 2004.

O 24 de febreiro de 2005, Davis foi traspasado ós Golden State Warriors a cambio de Speedy Claxton e Dale Davis.

O 1 de xullo de 2008, Davis acordou cos Los Angeles Clippers un contrato por 5 anos e 65 millóns de dólares, que asinou oficialmente o 10 de xullo de 2008.

O 24 de febreiro de 2011, Davis foi traspasado xunto a unha elección da primeira rolda do Draft ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Mo Williams e Jamario Moon.

O 19 de decembro de 2011, Davis asinou un contrato dun ano cos New York Knicks.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos New York Knicks