Karamazovi é un filme checo de 2008 dirixido por Petr Zelenka con banda sonora de Jan A. P. Kaczmarek. Conta a historia dun grupo de actores checos que van a siderurxias polacas para actuar unha adaptación da obra de Fyodor Dostoevsky Bratia Karamazovy nun festival alternativo.
Karamazovi gañou o premio FIPRESCI no Festival Internacional de Cinema de Karlovy Vary e foi escollido como candidato da República Checa para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 81ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes da República Checa propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 81ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua checa Categoría:Filmes da República Checa Categoría:Filmes dirixidos por Petr Zelenka