Carmen Alborch Bataller, nada en Castelló de Rugat o 31 de outubro de 1946 e finada o 24 de outubro de 2018Muere la exministra de Cultura Carmen Alborch, RTVE, 24 de outubro de 2018 ., foi unha política valenciana. Traxectoria Licenciouse en Dereito na Universidade de Valencia en 1970, doutorándose Cum Laude en 1973. Pasou a traballar como profesora nesa mesma universidade, chegando a ser decana da Facultade de Dereito en 1985.

A súa paixón pola cultura, levouna ao posto de Directora Xeral de Cultura da Generalitat Valenciana (1987), Directora do Instituto Valenciano de Arte Moderna (IVAM) (1987-1993), e Ministra de Cultura durante o derradeiro período de goberno de Felipe González (1993-1996). Foi deputada no Congreso dos deputados de España como independente nas listas do PSOE pola circunscrición de Valencia (1996-2008).

Nas eleccións municipais do ano 2007 foi candidata polo PSPV-PSOE á alcaldía de Valencia, saíndo gañadora das eleccións a candidata do Partido Popular, Rita Barberá. Foi concelleira e voceira do PSPV-PSOE no Concello de Valencia.

Nas eleccións xerais do ano 2008 foi elixida Senadora por Valencia, sendo a terceira candidata máis votada da circunscrición. Foi Secretaria Primeira da Mesa do Senado.

Obra

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de Carmen Alborch Blog de Carmen Alborch Ficha de deputada, na páxina do Congreso dos Deputados Perfil de Carmen Alborch en telepolis.com

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Ministros de España Categoría:Nados na provincia de Valencia Categoría:Nados en 1946 Categoría:Alumnos da Universidade de Valencia Categoría:Profesores da Universidade de Valencia Categoría:Finados en 2018 Categoría:Finados por cancro Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura) Categoría:Senadores de España polo PSOE Categoría:Concelleiros de España Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura)