Karl Gordon Henize, nado en Cincinnati (Ohio), o 17 de outubro de 1926 e finado o 5 de outubro de 1993, foi un astronauta estadounidense que formou parte da misión STS-51-F.
Traxectoria Henize graduouse en matemáticas en 1947 e en astronomía en 1948 pola Universidade de Virxinia, con doutoramento en astronomía en 1954 pola Universidade de Míchigan.
Foi seleccionado pola NASA en agosto de 1967. Participou na misión STS-51-F, pasando un total de 7,95 días no espazo. Henize faleceu o 5 de outubro de 1993 durante unha expedición para escalar o Everest.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-51-F
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 1993 Categoría:Nados en Ohio