Steven Alan Hawley, nado en Ottawa, Kansas, o 12 de decembro de 1951, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-41-D, STS-61-C, STS-31 e STS-82.

Traxectoria Hawley graduouse en física e astronomía pola Universidade de Kansas en 1973 e ten un doutoramento en astronomía e astrofísica pola Universidade de California en 1977.

Foi seleccionado pola NASA en xaneiro de 1978. Participou nas misións STS-41-D, STS-61-C, STS-31 e STS-82 e pasou un total de 32,11 días no espazo. Deixou a axencia en maio de 2008.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-41-D STS-61-C STS-31 STS-82

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Kansas