Augusto Pito Boal, nado no Río de Xaneiro o 16 de marzo de 1931 e finado no mesmo lugar o 2 de maio de 2009, foi director de teatro, dramaturgo e ensaísta brasileiro, unha das grandes figuras do teatro contemporáneo internacional.
Traxectoria Fundador do Teatro do Oprimido, que alía o teatro á acción social, as súas técnicas e prácticas difundíronse polo mundo, de maneira notábel nas tres últimas décadas do século XX, sendo largamente empregadas non só por aqueles que entenden o teatro como instrumento de emancipación política mais tamén nas áreas de educación, saúde mental e no sistema de prisións.
Nas palabras de Boal: O dramaturgo é coñecido non só pola súa participación no Teatro de Arena da cidade de São Paulo (1956 a 1970), mais sobre todo polas súas teses do Teatro do oprimido.
A súa obra escrita é expresiva. Con 22 libros publicados e traducidos en máis de vinte linguas, as súas concepcións son estudadas nas principais escolas de teatro do mundo. O libro Jogos Para Atores e Não Atores trata dun sistema de exercicios ("monólogos corporais"), xogos (diálogos corporais) e técnicas teatrais alén de técnicas do teatro-imaxe, que, segundo o autor, poden ser utilizadas non só por actores mais por todas as persoas.
Familia e estudos esquerda|miniatura|En 1958. Augusto Boal naceu no suburbio da Penha, Río de Xaneiro. Fillo do panadeiro portugués José Augusto Boal e da dona de casa Albertina Pito, orixinarios de Justes, Vila RealRevista Blimunda 59 (abril de 2017). pág. 39.. Desde os nove anos dirixía pezas familiares, cos seus tres irmáns. Aos 18 anos vai estudar Enxeñaría Química na antiga Universidade do Brasil, actual UFRJ, e paralelamente escribía textos teatrais.
Na década de 1950 mentres realizaba estudos en nivel de Ph.D en Enxeñaría Química, na Columbia University, en Nova York, estuda dramaturxia na School of Dramatic Arts, tamén na Columbia, con John Gassner, profesor de Tennessee Williams e Arthur Miller. Na mesma época, asistía ás montaxes do Actors Studio.
Teatro de Arena En 1956, Augusto Boal pasa a integrar o Teatro de Arena de São Paulo, a convite de Sábato Magaldi e José Renato. O Arena tornouse unha das máis importantes compañías de teatro brasileiras, até o seu peche, no fin da década de 1960.
A súa primeira dirección é Ratos e Homens, de John Steinbeck, que lle valeu o premio de revelación de dirección da Asociación Paulista de Críticos de Artes, en 1956. O seu primeiro texto na escena foi Marido Delgado, Mulher Chata, unha comedia de costumes. Despois dunha serie de fracasos comerciais e diante da perspectiva de peche do Arena, a compañía decide investir en textos de autores brasileiros. Superando as expectativas Eles Não Usam Black-Tie, de Gianfrancesco Guarnieri, dirixido por José Renato, tórnase un grande éxito, salvando o Arena da bancarrota. O grupo resxorde, provocando unha certa revolución na escena brasileira, abrindo camiño para unha dramaturxia nacional.
Para proseguir na investigación dun teatro volto para a realidade do Brasil, Boal suxire a creación dun Seminario de Dramaturxia que se tornará o escenario de varios novos dramaturgos. As producións, froito deses encontros, van compor o repertorio da fase nacionalista do conxunto os anos seguintes. Baixo adirección de Boal o Arena presenta Chapetuba Futebol Clube, de Oduvaldo Vianna Fillo, 1959, segundo éxito nesa vertente.
Arena e Oficina Despois de dirixir, en 1959 A Farsa da Esposa Perfeita, de Edy Lima, Boal presenta Fogo Frio, de Benedito Ruy Barbosa, A Engrenagem, adaptación del e de José Celso Martinez Corrêa do texto de Jean-Paul Sartre.
En 1961, Antônio Abujamra dirixe outro texto de Boal, José, do Parto á Sepultura, cos actores do Oficina, que estrea no Teatro de Arena. O mesmo ano, o espectáculo Revolução na América do Sul estrea, con dirección de José Renato. Augusto Boal convértese nun dos máis importantes dramaturgos do período.
En 1962, o Arena inicia nova fase: a nacionalización dos clásicos. José Renato deixa a compañía e Boal tórnase líder absoluto e socio do emprendemento. Péchase a vida de escenificacións dos textos producidos no Seminario de Dramaturxia.
En 1963 escenifica O Noviço, de Martins Pena e Um Bonde Chamado Desejo, de Tennessee Williams, no teatro Oficina, en colaboración con grandes artistas do teatro brasileiro, tales como o escenógrafo Flávio Imperio e Eugênio Kusnet, responsábel da preparación dos actores. Aínda desta fase son O Melhor Juiz, o Rei, de Lope de Vega e Tartufo, de Molière, producións de 1964.
Despois do golpe militar, Boal dirixe no Río de Xaneiro o show Opinião, con Zé Kéti, João do Vale e Nara León - despois substituída por Maria Bethânia). A iniciativa xorde dun grupo de autores (Oduvaldo Vianna Fillo, Paulo Pontes e Armando Costa) ligados ao Centro Popular de Cultura (CPC) da UNE, posto na ilegalidade. O grupo pretendía crear un foco de resistencia política a través da arte. De feito o evento é un éxito e contaxia a outros sectores artísticos. O Opinião 65, exposición de artes plásticas no Museo de Arte Moderna do Río de Xaneiro (MAM-RJ), xorde na secuencia, aglutinando os artistas ligados aos movementos de arte popular. Ese é o nacemento do Grupo Opinião
A partir de Opinião, Boal inicia o ciclo de musicais no Arena, con Gianfrancesco Guarnieri e Edu Lobo, presentando Arena Conta Zumbi (1965), primeiro experimento co sistema curinga onde oito actores se relevan, facendo todas as personaxes. O éxito de público abre camiño para Arena Conta Bahia, con dirección musical de Gilberto Gil e Caetano Veloso, e Maria Bethânia e Tom Zé no elenco.
Axiña, é escenificado Tempo de Guerra, no Oficina, con texto de Boal e Guarnieri, poemas de Brecht e voces de Gil, Maria da Graza (Gal Costa), Tom Zé e Maria Bethânia, coa dirección de Boal.
O ano seguinte, é a vez do espectáculo Arena Conta Tiradentes, centrado noutro movemento histórico de loita nacional - a Inconfidencia Mineira. Tamén unha aplicación do sistema curinga, a peza non propón retratar os traxes de forma ortodoxa e cronolóxica, mais crear conexións con traxes, tipos e personaxes que se refiren constantemente ao período pre e pos-1964.
A Primeira Feira Paulista de Opinião, concibida e escenificada por Boal no Teatro Ruth Escobar, é unha reunión de textos curtos de varios autores - unha declaración teatral sobre o Brasil de 1968. Están presentes textos de Lauro César Muniz, Bráulio Pedroso, Gianfrancesco Guarnieri, Jorge Andrade, Plínio Marcos e do propio Boal. O director presenta o espectáculo na totalidade, ignorando os máis de 70 cortes establecidos pola censura, incitando á desobediencia civil e loitando arduamente pola permanencia da peza en cartel, despois da súa prohibición.
En 2018, Clarice Boal organizou a Feira Brasileira de Opinião, en alusión á Feira organizada en 1968 por Augusto Boal. O local escollido foi o Memorial Luiz Carlos Prestes, en Porto Alegre.
Exilio Coa decreto do Acto Institucional nº 5, a fins de 1968, o Arena viaxa para fóra do país, excursionando, entre 1969 e 1970 polos Estados Unidos, México, o Perú e a Arxentina. Boal escribe e dirixe Arena Conta Bolívar. No seu retorno, cun equipo de mozos recentemente saídos dun curso no Arena, crea o Teatro Jornal - 1ª Edição, experiencia que aproveita técnicas do agitprop e do Living Newspaper, grupo norteamericano dos anos 1930 que traballaba con dramatizacións a partir de noticias de xornal.
A Resistível Ascensão de Arturo Ui, de Brecht, é a última incursión de Boal no sistema curinga, que non obstante non engade grandes novidades na linguaxe do grupo.
En 1971, Boal é prendido e torturado. Na secuencia, decide deixar o país, con destino á Arxentina, terra da súa esposa, a psicanalista Cecília Boal. Alí permanece por cinco anos e desenvolve o Teatro Invisíbel. Aquel mesmo ano, Torquemada, un texto seu sobre a Inquisición, é escenificado en Buenos Aires.
En 1973, vai para o Perú, onde aplica as súas técnicas nun programa de alfabetización integral e comeza a facer o Teatro Fórum. En 1974, o seu texto Tio Patinhas e a Pílula é escenificado en Nova York.
No Ecuador, desenvolve con poboacións indíxenas, o Teatro Imagem. Ese período é representado por Boal no seu texto Murro em Ponta de Faca.
Múdase para Portugal, onde permanecerá por dous anos. Alí, co grupo A Barraca, realiza a montaxe A Barraca Conta Tiradentes, 1977. Presenta tamén un espectáculo musical "Zumbi", coa participación, entre outros, de Sérgio Godinho e Francisco Fanhais. Alí tamén escribe Mulheres de Atenas, unha adaptación de Lisístrata, de Aristófanes, con músicas de Chico Buarque.
Finalmente, a partir de 1978 establécese en París, onde crea un centro para pescuda e difusión do teatro do oprimido, o Ceditade (Centre d'étude et de diffusion des techniques actives d'expression). Alí, con axuda da súa esposa desenvolve un teatro máis interiorizado e subxectivo, o Arco-iris do desejo (Método Boal de Teatro e Terapia).
Mentres tanto, en São Paulo (1978) Paulo José dirixe, para a compañía de Othon Bastos, Murro em Ponta de Faca, texto en que Boal enfoca a vida dos exiliados políticos.
Boal visita o Brasil en 1979, para dar un curso no Río de Xaneiro, retornando, o ano seguinte, xuntamente con seu grupo francés, para presentar o Teatro do Oprimido, xa consagrado en moitos países.
En 1981, promove o I Festival Internacional de Teatro do Oprimido. Volta ao Brasil definitivamente en 1986, instalándose no Río, onde inicia o plano piloto da Fábrica de Teatro Popular, que tiña como principal obxectivo tornar accesíbel a calquera cidadán a linguaxe teatral e crea o Centro do Teatro do Oprimido.
Unha das cancións de Chico Buarque é unha carta en forma de música - unha carta musicada que el fixo en homenaxe a Boal, que vivía no exilio en Lisboa, cando o Brasil estaba coa ditadura militar. A canción Meu Caro Amigo, dirixida a el, foi gravada orixinalmente no disco Meus Caros Amigos 1976.
Augusto Pito Boal é Patrón da Presidente/ALB/Piracicaba/SP Academia de Letras do Brasil. A primeira escritora a imortalizar Augusto Boal na Academia de Letras foi a escritora Branca Tirollo no 12 de agosto de 2009 na cidade de "Piracicaba São Paulo".
Centro de Teatro do Oprimido-CTO O Centro de Teatro do Oprimido, xurdido en 1986, é un centro de pescuda e difusión, que desenvolve metodoloxía específica do Teatro do Oprimido en laboratorios e seminarios, ambos de carácter permanente, para revisión, experimentación, análise e sistematización de exercicios, xogos e técnicas teatrais. Nos laboratorios e seminarios son elaborados e producidos proxectos socio-culturais, espectáculos teatrais e produtos artísticos, tendo como alicerce a Estética do Oprimido. O CTO foi a única institución que tivo a dirección artística de Augusto Boal nos seus últimos 23 anos de vida. A filosofía e as accións desta institución var cara á democratização dos medios de produción cultural, como forma de expansión intelectual dos seus participantes, alén da propagación do Teatro do Oprimido como medio, da activación e do democrático fortalecemento da cidadanía. O CTO aplica proxectos que estimulan a participación activa e protagonista das capas oprimidas da sociedade, e levan á transformación da realidade a partir do diálogo e a través de medios estéticos, tendo o notorio e notábel saber da metodoloxía do Teatro do Oprimido. Desa forma o Centro de Teatro do Oprimido desenvolve proxectos na área da educación, saúde mental, sistema prisional, puntos de cultura, movementos sociais, comunidades, entre outros. Por conta da súa natureza humanística e do potencial do Teatro do Oprimido, está presente en todo o Brasil e en países como Mozambique, Guinea-Bissau, Angola e o Senegal.