Lucien James Longley, nado o 19 de xaneiro de 1969 en Melbourne, Victoria, é un ex xogador e actual adestrador australiano de baloncesto profesional. Foi o primeiro australiano en xogar na National Basketball Association (NBA), onde estivo dez tempadas en catro equipos diferentes. Foi internacional coa selección australiana, coa que disputou os Xogos Olímpicos de 1988, 1992 e 2000, e dende 2013 é adestrador asistente da selección.
Traxectoria profesional Longley foi seleccionado na 7ª posición do Draft da NBA de 1991 polos Minnesota Timberwolves. Debutou na NBA cos Timberwolves o 30 de novembro de 1991. Tras dúas tempadas a baixo nivel, na tempada 1993–94 foi traspasado ós Chicago Bulls a cambio de Stacey King.
En Chicago converteuse no pivote titular, e gañou tres campionatos da NBA consecutivos de 1996 a 1998, converténdose no primeiro xogador australiano en gañar a NBA. Tras a ruptura do equipo ó remate da tempada 1997–98, Chicago traspasou a Longley ós Phoenix Suns, a cambio de Mark Bryant, Martin Müürsepp, Bubba Wells e unha elección da primeira rolda do Draft.
Antes do comezo da tempada 2000–01, Longley foi traspasado ós New York Knicks, no segundo traspaso entre catro equipos da historia da NBA. Longley xogou un ano para os Knicks antes de retirarse por problemas no nocello esquerdo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Melbourne Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Australia Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2000