Edelmiro Fernández Parada nado en Ribeira en 1973, é un gaiteiro galego.
Ten unha longa traxectoria como gaiteiro durante o que gañou un gran número de premios tanto en Galicia como no exterior, destacando o Trofeo MacCrimmon de Gaita, que gañou catro veces e o acredita como un dos mellores gaiteiros do mundo. Participou en numerosas gravacións con diversos artistas e agrupacións musicais e é profesor de gaita.
Traxectoria Aos 12 anos comezou a tocar a gaita na escola municipal de Ribeira, formando parte da banda de gaitas Ancoradoiro, coa que participou en concursos, gravacións e actuacións en toda a xeografía nacional. Tamén formou parte do cuarteto do mesmo nome, co que participou en varios certames, o primeiro deles no Festival Intercéltico do Morrazo, en 1986, no que obtiveron o cuarto premio. A partir de aí, obtiveron numerosos premios, entre os que destacan o primeiro premio no "Concurso Rexional de Gaitas" de Ponteareas en 1993 e os primeiros premios obtidos nos concursos de Ponteareas, Cerdido e Betanzos en 1994.
Diplomouse en Educación Musical pola Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. En 1990 comezou a súa carreira como gaiteiro solista, presentándose ao I Trofeo Fin de Siglo de Ourense, no que foi elixido como finalista. Aínda que finalmente non puido participar na final, si participou na gravación do CD conmemorativo.
En 1992 presentouse á segunda edición do Concurso Constantino Bellón en Ferrol, onde foi finalista. Xa en 1994 obtivo o 2º premio no "Memorial Manuel Villanueva" de Poio, e ao ano seguinte gañou o "Trofeo Caixa Galicia", co que se clasificou para o prestixioso Trofeo Macallan de gaitas galegas e asturianas, celebrado no marco do Festival Intercéltico de Lorient, onde empatou no primeiro posto co asturiano Jorge Fernández Areces e o galego Anxo Lorenzo (aínda que o premio foille entregado ao músico asturiano por ser o máis novo), e que posteriormente gañou catro veces nos anos 1996, 1998, 2001 e 2007, converténdose no gaiteiro máis laureado do certame.
A partir deste momento comezou unha exitosa carreira como gaiteiro, que inclúe numerosos premios e actuacións tanto como solista como parte doutros cuartetos tradicionais (Laghareu, Zamar), e colaboracións con grupos nacionais e estranxeiros (Amistades Peligrosas, Xochilmica, Eddy Maguire, Laio), tanto en concertos como en gravacións. En 1995 foi membro fundador do grupo Fiandola e desde o 2000 colaborou regularmente co compositor irlandés Shaun Davey, actuando en Lorient, Skye, Chicago, Dublín e Sapânta, e na gravación do CD "May We Never Have To Say Goodbye". Tamén foi membro de La Banda Europa, liderada por Jim Sutherland, coa que actuou en Newcastle e Falkirk e no "Celtic Connections Festival" (2008).
Logo formou parte dos grupos Taghaitaí e Tribemol, e na actualidade é profesor de música en Carballo.
Gravacións
1990 - Participación no CD "Trofeo Fin de Siglo" 1992/1998 - Participación nos CD do Concurso "Constantino Bellón" en Ferrol (A Coruña) 1992 - Gravación coa banda de gaitas "Ancoradoiro", do LP "Andaina" 1993 - Participación no CD "Certame Pelegrín de Gaiteiros Solistas" 1996 - Gravación coa banda de gaitas "Ancoradoiro" do CD "Sui Generis", gravación do CD de "Certame de Grupo Folk" co grupo Fiandola e participación no CD "LIVE du Festival Interceltique de Lorient" (VOL II ). 1998 - Participación no libro e CD "Doce Polainas Enteiras" (Edicións do Cumio) 2002 - Gaiteiro colaborador na gravación do CD "Luneda", do grupo folk Laio 2003 - Participación no CD "A PROCURA DAS RAÍCES. Homenaxe a Bal y Gay "(Disco TROMPO). 2004 - Colaboración como percusionista no CD do gaiteiro Pablo Seoane 2005 - Gaiteiro invitado á gravación do 1º CD do Grupo Xochilmica 2006 - Participación na gravación do CD "May We Never Have to Say Goodbye" do compositor irlandés Shaun Davey 2007 - Gaiteiro convidado á gravación dunha canción en directo para o 2º CD do Grupo Xochilmica 2013 - Gravación da canción " EXILIETA " (Antón Alcalde Rodríguez) para gaita en solitario e Banda de Música no CD "Silleda; Pobo e Música" coa Banda Municipal de Silleda (125 aniversario)
Premios
Como solista
1990 - Finalista no " Trofeo Fin de Siglo " (Ourense) 1992 - Finalista no "II Concurso Constantino Bellón" (Ferrol) 1993 - Finalista no "I Concurso Pelegrín" (Lugo) e Finalista no "III Concurso Constantino Bellón" (Ferrol) 1994 - Finalista no "IV Concurso Constantino Bellón" (Ferrol) e 2º Premio no "Memorial Manuel Villanueva" (Poio) 1995 - Gañador do "I Trofeo Caixa Galicia" (Santiago de Compostela), segundo posto no Trofeo Macallan de gaitas galegas e asturianas (Lorient) e finalista no "V Concurso Constantino Bellón" (Ferrol). 1996 - Gañador do "II Trofeo Caixa Galicia" (A Coruña), gañador do Trofeo Macallan de gaitas galegas e asturianas (Lorient) e finalista no "VI Concurso Constantino Bellón" (Ferrol). 1997 - Finalista e subcampión da "VII Competición Constantino Bellón" (Ferrol) 1998 - Gañador do "IX Concurso de Música Tradicional Xacarandaina" (A Coruña), gañador do Trofeo Macallan de gaitas galegas e asturianas (Lorient) e finalista no "VIII Concurso Constantino Bellón" (Ferrol) 1999 - Gañador do "Concurso de Gaiteiros Solistas" na Estrada (Pontevedra). 2001 - Gañador do Trofeo Macallan de gaita galega e asturiana (Lorient) 2003 - Gañador do V Concurso de Gaiteiros Solistas Avelino Cachafeiro (Forcarei) 2004 - 2º Premio no "VI Concurso de Gaiteiros Solistas Avelino Cachafeiro (Forcarei) 2005 - 2º Premio no "VII Concurso de Gaiteiros Solistas AVELINO CACHAFEIRO " (Forcarei - Pontevedra) 2006 - 2º Premio no "VIII Concurso de Gaiteiros Solistas Avelino Cachafeiro (Forcarei) e Gañador do "III Memorial Villanueva" (Poio) 2007 - Gañador do Trofeo MacCrimmon de gaita galega, asturiana e bretoa (Lorient) e 3º Premio no "IX Concurso de Gaiteiros Solistas Avelino Cachafeiro (Forcarei) 2008 - Gañador do "Memorial Ricardo Portela" de gaiteiros solistas (Viascón)
Co cuarteto "Ancoradoiro"
1986 - 4º premio no Festival Intercéltico do Morrazo 1988 - 2º premio no Concurso Rexional de Gaitas (Ponteareas) 1989 - 4º premio no Concurso Rexional de Gaitas (Ponteareas) 1993 - 1º premio no Concurso Rexional de Gaitas (Ponteareas) 1994 - 1º premio no Concurso Rexional de Gaitas (Ponteareas), 1º premio no "Concurso de Cuartetos" (Cerdido) e 1º premio no "Concurso de Cuartetos" (Betanzos)
Co cuarteto "Laghareu"
2002 - 1º premio no "III Memorial Ricardo Portela " (Pontevedra), 2º premio no II Concurso de Cuartetos e Quintetos de Gaitas - José Juan García (Miño) e 3º premio no Concurso Rexional de Gaitas (Ponteareas) 2003 - 2º premio IV Memorial Ricardo Portela (Pontevedra) 2004 - 1º premio no Concurso Rexional de Gaitas (Ponteareas), 2º premio no "Concurso de Gaitas do País" (Sarria), 3º premio no V Memorial Ricardo Portela (Pontevedra), Premio especial de toque pechado no "V Memorial Ricardo Portela" e Premio especial de interpretación de Repertorio Portela no "V Memorial de Ricardo Portela". 2005 - 2º Premio no VIII Memorial Manuel Texo (Santa Cruz de Ribadulla) e 2º premio no Concurso Rexional de Gaitas (Ponteareas) 2006 - 3º premio no Concurso Rexional de Gaitas (Ponteareas) 2007 - 3º premio no Concurso Rexional de Gaitas (Ponteareas) 2008 - 2º premio e premio especial Repertorio Portela no "Memorial Ricardo Portela" de grupos de gaitas (Pontevedra). 2012 - 1º premio no Concurso Rexional de Gaitas (Ponteareas)
Co cuarteto "Zamar"
2010 - 2º premio no Memorial Ricardo Portela de Grupos de Gaitas (Pontevedra)
Coa banda de gaitas "Ancoradoiro
1991 - 2º premio no Campionato de Bandas de Gaitas (Manzaneda) 1992 - 1º premio no Campionato de Bandas de Gaitas (Manzaneda) 1995 - 1º premio no I Concurso Con Música Propia" da TVG (Santiago de Compostela)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Edelmiro Fernández en Folque.com
Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Gaiteiros de Galicia Categoría:Nados en Ribeira Categoría:Nados en 1973 Categoría:Personalidades da música e o baile tradicional de Galicia