A conversación (en ) é un filme estadounidense de 1974 escrito, dirixido e producido por Francis Ford Coppola e protagonizado por Gene Hackman. Tivo a aclamación da crítica'The Conversation'|Critics' Picks|The New York Times on YouTube e gañou múltiples premios, incluída a Palma de Ouro do Festival de Cannes. Foi candidato a tres premios Óscar, mais perdeu o premio ao mellor filme contra O padriño (II parte), tamén dirixido por Francis Ford Coppola. En 1995, foi seleccionado para a súa conservación no National Film Registry pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".

Estreouse na Televisión de Galicia o 9 de marzo de 1991.La Voz de Galicia, 9 de marzo de 1991. Páx. 70

Argumento Harry Caul é un espía profesional (Gene Hackman) que traballa tanto para clientes privados como públicos. Ata o momento, nunca pensou que podía pasar con toda a información que sacaba da xente, mais o organizar unha escoita para un cliente que se desenvolve nunha praza, cae na tentación de escoitar que din as dúas persoas que ten que espiar. Axiña a situación atormentarao e quererá saber máis, converténdose no cazador cazado.

Personaxes Gene Hackman como Harry Caul John Cazale como Stan Allen Garfield como William P. "Bernie" Moran Cindy Williams como Ann Frederic Forrest como Mark Harrison Ford como Martin Stett Michael Higgins como Paul Elizabeth MacRae como Meredith Teri Garr como Amy Fredericks Mark Wheeler como Receptionist Robert Shields como The Mime Phoebe Alexander como Lurleen Robert Duvall como The Director

Produción Coppola citou Ampliación, de Michelangelo Antonioni (1966) como unha influencia clave no seu concepto dos temas do filme, como a vixilancia contra a participación, e a percepción contra a realidade. "Francis vira [o filme] un ano ou dous antes, e tivera a idea de fusionar o concepto de Blowup co mundo da audiovixilancia".

A personaxe de Harry Caul está inspirada polo experto en tecnoloxía de vixilancia Martin Kaiser, que tamén actuou como asesor técnico do filme.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas The Conversation essay by Peter Keough on the National Film Registry The Conversation at 40

Categoría:Filmes de 1974 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Francis Ford Coppola Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1974 con versión en galego