Luís Daniel Sánchez Arthous (Artús), coñecido como Artús ou Arthous, nado na Coruña o 23 de xaneiro de 1891 e finado na mesma cidade o 16 de decembro de 1964, foi un fotógrafo galego.
Traxectoria Emigrou a Cuba, onde aprendeu fotografía. Retornado á Coruña colaborou con varios periódicos e revistas e foi redactor gráfico de La Voz de Galicia, onde se xubilou en 1961.La Voz de Galicia, 17-12-1964, p. 8. Finou na Coruña o 16 de decembro de 1964.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 17-12-1964, p. 6.
Vida persoal Casou con Irene Velasco Baamonde e foi pai de Luís, Irene, Carmen, María, Aurelia e Carlos Sánchez Velasco. Notas
Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Galegos de Cuba
Categoría:Nados na Coruña
Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1964