Denomínase infestación á invasión dun organismo vivo por axentes parasitos externos ou internos.infestación no Dicionario da RAG.infestación, en VV.AA. (2002): Diccionario galego de termos médicos. Santiago de Compostela: Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia / Xunta de Galicia. ISBN 84-4533-371-2, p. 399.
Diferenza coa infección A diferenxa fundamental co termno infección,infección no Dicionario da RAG. é que este último aplícase exclusivamente a microorganismos que teñen como obxectivo a súa reprodución no organismo infectado, causando en moitas ocasións a morte do mesmo, mentres que o obxectivo dos parasitos é a súa supervivencia a costa do hóspede que parasitan.
Polo tanto, o termo infección debe restrinxirse á acción de bacterias, virus e outros microorganismos cuxa acción sexa a descrita anteriormente.
Clasificación As infestacións pódense clasificar como internas ou endóxenas, ou externas ou esóxenas, segundo a situación do parasito no seu hóspede. A infestación externa ou a infestación ectoparasítica é unha enfermidade na que o parasito vive principalmente na superficie do corpo do seu hóspede, como exemplos, os ácaros, carrachas e piollos. Unha infestación interna ou infestación endoparasítica é unha afección na que o parasito habita principalmente no interior do corpo do seu hóspede e inclúe principalmente as infestacións causadas por vermes.
Exemplos Fungos, como as tiñas ou as cándidas. Protozoos, como Balantidium coli ou os Tripanosoma sp. Artrópodos, como os piollos ou os ácaros. Nematodos, como o Ascaris lumbricoides. Platihelmintos, como as tenias.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Parasitismo
Ligazóns externas Clasificación Internacional de enfermidades IC-10 (B88.9 Infestación) . Introduction to Anaerobic Soil Disinfestation as a Fumigant Alternative . New technique predicts risk of plant disease and infestation .
Categoría:Patoloxía Categoría:Parasitoloxía Categoría:Termos médicos