Francisco Eyre Fernández, nado en Monforte de Lemos o 1 de abril de 1913La Vanguardia, 15-11-1970, p. 32. e finado en Sant Just Desvern o 16 de decembro de 1982,La Vanguardia, 17-12-1982, p. 28. foi un avogado e político galego residente en Cataluña.

Traxectoria Fillo de Francisco Eyré Varela. Instalado en Barcelona en 1929, exerceu como avogado dende 1935. Na guerra civil foi oficial do corpo xurídico militar. Foi o avogado defensor do xeneral da Gardia Civil José Aranguren Roldán en 1939.Lorenzo Silva saca del olvido a Aranguren, el general ferrolano leal a la República Foi lugartenente e inspector rexional da Guardia de Franco e avogado da CNS. Foi presidente do Centro Galego de Barcelona dende finais dos anos corenta até 1955.

Vida persoal Casou con Blanca de Lorenzo Bermejo e foi pai de Blanca, María Elena, Francisco, Juan Manuel, Jorge, José Antonio e Patricia Eyré Lorenzo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Quintela Bóveda, o asasino de anarquistas, e outras historias de policías

Categoría:Avogados de Monforte de Lemos Categoría:Falanxistas Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1982 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes