Ágreda é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 3 167 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 164,93 km².

Ágreda está aos pés do Moncayo, protexida por un terreo escarpado e dividida polo río Queiles, moi apreciado polos romanos. Nos seus 3 500 habitantes, percíbese o movemento fronteirizo que a caracterizou e que a caracteriza: o intercambio comercial e cultural.

Da súa antigüidade celtibera queda constancia o Castro natural de la Muela e algunhas moedas celtibéricas recollidas co nome de Aregrada.

Da época romana fican a pequena ponte de acceso ao Barrio mouro, un anaco de muralla e un par de inscricións.

Da visigótica existe a mención nalgún códice dunha igrexa, a de San Xulián.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do concello

Agreda