Casting JonBenet é un filme documental estadounidense de 2017 sobre a morte de JonBenét Ramsey e o grande impacto que xerou. O filme foi dirixido por Kitty Green.
Sinopse Casting JonBenet documenta o proceso de casting para a recreación do caso de JonBenét Ramsey nun documental. Diversos actores da zona de Colorado son entrevistados e postos a proba para os papeis das persoas reais involucradas no caso, incluíndo a John e Patsy Ramsey, Burke Ramsey, John Mark Karr e os oficiais de policía de Boulder. Durante o proceso, os aspirantes a actores, vestidos como as persoas que van interpretar, amosan as súas emocións e opinións sobre o caso. Máis que ser un documental sobre o crime, o filme observa como os eventos relacionados co caso se converteron nunha obsesión da cultura popular e das teorías de conspiración.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América