Bégard (en ) é un concello bretón localizado no noroeste do departamento de Côtes-d'Armor. A súa superficie é de 36,41 km2 e a poboación de 4808 habitantes.
Historia O concello naceu logo da Revolución como consecuencia da nacionalización de bens da abadía de Bégard. A rexión estivo habitada no neolítico como testemuñan os numerosos monumentos megalíticos da zona. A primeiros do século XIX contaba con tres menhires, o de Paskiou, o de Sant-Norvez e mais o de Kergezhenneg, este último o único que aínda se conservaLoïc Langouët (2006) Les mégalithes de l'arrondissement de Guingamp, Institut Culturel de Bretagne, p. 15. En 1130 fundouse a abadía de Bégard, pertencente á orde do Císter e na Revolución as cinco parroquias de Bodlezan, Gwenezhan, Lanneven, Sant-Norvez e Trezelan convertéronse en concellos. En 1792 fusionáronse nunha soa parroquia e no ano seguinte converteuse nun único concello so o nome de Bégard. O 26 de outubro de 2004 o concello municipal subscribiu a campaña de promoción do bretón Ya d'ar brezhoneg. No inicio do curso 2019 un total de 165 Ofis Publik ar Brezhonegalumnos recibían clases bilingües, o que supuña o 18,4% do alumnado do concello.
Demografía
Notas
Categoría:Concellos do departamento de Côtes-d'Armor