A Real Federación Española de Patinaxe (RFEP) é o organismo encargado da organización, administración e regulamentación dos deportes de patinaxe sobre rodas en España. Está afiliada á Federación Internacional de Patinaxe e ao Comité Europeo de Hóckey a Patíns. Historia

A RFEP fundouse en 1954, tendo como precursora a Federación Española de Hockey e Patinaxe, organismo creado en 1946 e que regulaba tamén o hóckey sobre herba, un ano antes do debut da selección española en competición oficial, no Campionato do Mundo celebrado en Lisboa, Portugal.

Presidentes miniatura|Juan Antonio Samaranch foi o primeiro presidente da historia da RFEP. O primeiro presidente da RFEP foi Juan Antonio Samaranch, que foi xogador, adestrador e directivo de hóckey a patíns. Os presidentes que tivo a federación ao longo da súa historia foron os seguintes:

NºNomeInicioFin 1 Juan Antonio Samaranch i Torrelló 21 de agosto de 1954 5 de xullo de 1956 2 Eugenio Calderón Sola 5 de xullo de 1956 13 de outubro de 1961 3 Francisco Platón Verdaguer 13 de outubro de 1961 17 de outubro de 1967 4 Juan Piera Serís 17 de novembro de 1967 15 de novembro de 1968 5 Luis Azemar y Puig de la Bellacasa 15 de novembro de 1968 1 de decembro de 1972 6 Antonio J. González Fernández 4 de decembro de 1972 29 de setembro de 1984 7 Manuel Doménech Miró 29 de setembro de 1984 31 de outubro de 1992 8 Jose María Ignacio Añé 31 de outubro de 1992 28 de decembro de 1996 9 Antonio Martra Solé 28 de decembro de 1996 30 de abril de 2004 10 Enrique García-Raposo Sánchez 4 de abril de 2004 5 de marzo de 2005 11 Carmelo Paniagua Manso 6 de marzo de 2005 no cargo

Disciplinas 17px Hóckey a patíns 17px Hóckey liña 17px Patinaxe de velocidade 17px Patinaxe artística

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da Real Federación Española de Patinaxe

Categoría:Federacións deportivas de España Categoría:Hóckey a patíns en España