O século XXVIII antes de nosa era comezou o 1 de xaneiro do ano 2800 a.C. e terminou o 31 de decembro de 2701 a.C.
Acontecementos
África 2750 a.C.: en África occidental desenvólvese a agricultura.
Exipto 2775-2650 a.C.: Guerra da II Dinastía en Exipto. 2773 a.C.: Exipto adopta un calendario de 365 días 2715 a.C.: iniciase o Imperio Antigo de Exipto
América 2800 a.C.: na Amazonia (Brasil - Perú), desenvolvense comunidades de aldeas baseadas na horticultura. Producen cerámica con motivos zoomorfos e decoracións con animais modelados.
Europa 2800 a.C.: na illa de Creta (ata o 1150 a.C.) desenvolveuse a gran civilización minoica, que erguerá cidades e pazos, como os famosos complexos palatinos de Cnossos, Fastos, Malia e Zakros. 2800 a.C. a 1075 a.C.: construción do monumento megalítico de Stonehenge, en Inglaterra. Foron necesarios uns 30 millóns de horas de traballo para a súa construción (equivalente a 60 anos de traballo diario, de 200 homes). 2750 a.C.: comeza o outeiro de Silbury. 2750 a.C.: En Austria e Suíza se difunden as técnicas da metalurxia do cobre (xa inventadas en Iraq poucos séculos atrás). 2750 a.C.: nas Turbeiras de Holanda e Dinamarca inventouse a roda de madeira maciza (xa inventada en Iraq hai varios séculos).
Asia 2750 a.C.: en Sanhile (Shandong, China) realízanse traballos de cobre. 2750 a.C.: Segundo Herodoto ao redor deste ano fundouse Tiro.
Iraq 2800 a 2600 a.C.: nalgún momento durante este tempo ocorre a inundación de Shuruppak. Esta catástrofe coincide co fin da supremacía deste pobo sobre Ur e Kish. É considerado unha das fontes do mito babilónico do diluvio universal. 2750 a.C.: final do período dinástico arcaico I. 2750 ao 2600 a.C.: período dinástico arcaico II. Dominación de Kish. A existencia de reis neste período dinástico compróbase polas inscricións. Elegantes cerámicas sen pintar, técnicas de fundición en bronce á cera perdida, con incrustacións de metais preciosos. 2600 a.C.: os sumerios inventaron ladrillos planos-convexos.
India 2800 a 2700 a.C.: Cultura de Mehrgarh: 2800 a.C.: torso masculino en terracota 2700 a.C.: estatuilla dun touro de terracota. 2800 ao 2600 a.C.: estatua dun carneiro, en alabastro, a primeira escultura en pedra. 2750 a 2500 a.C.: desenvolvemento da Civilización do val do Indo). Persoas de rexións montañosas con invernos intensos (chairas de Kalat e Quetta, vales de Zhob e Loralai), que proceden do norte, descobren as chairas do sur, como o val do Indo, onde a cobertura de bosques e selvas representaba un importante freo na explotación agrícola.
Invencións, descubrimentos, introducións Segundo Herodoto, nalgún lugar 2750 a.C, fundouse a cidade de Tiro, Líbano | Tiro.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Século -XXVIII