miniatura|275x275px|Campus da UTEC en construción, Lima miniatura|275x275px|Escola de Medicina da Universidade de Limerick miniatura|275x275px|Loreto Community School Yvonne Farrell, nada en Tullamore en 1951, é unha arquitecta e profesora irlandesa, cofundadora de Grafton Architects, que gañaron o premio World Building of the Year no ano 2008 polo seu edificio da Universidade Bocconi de Milán."Yvonne Farrell" , Aosdana. Data de acceso: 8 de marzo de 2012. En 2020 obtivo o premio Pritzker, xunto á arquitecta Shelley McNamara.
Biografía Farrell estudou arquitectura na Universidade de Dublín, graduándose en 1974. En 1977, xunto a Shelley McNamara, estabeleceu Grafton Architects en Dublín. É membro fundador do Grupo 91, que estivo detrás da restauración do barrio de Temple Bar de Dublín na década de 1990."Yvonne Farrell" , World Architecture Festival. Data de acceso: 8 de marzo de 2012.
Carreira
Grafton Architects Xunto con Shelley McNamara estabeleceu Grafton Architects en Dublín, Irlanda en 1978. A súa arquitectura abarca todas as escalas e programas aínda que sobresaíron polos seus proxectos de edificios públicos e educativos tanto no ámbito local como internacional. Farrell e McNamara son conscientes de que o exercicio da arquitectura non é o produto dun só xenio; a arquitectura, afirman, é moito máis grande que iso, é un traballo colectivo onde a crítica e a discusión das ideas son estritamente necesarias. O ensino de proxectos cumpre un papel de vital importancia no seu propio desenvolvemento como profesionais, onde aprenden, teorizan e obteñen o contrapunto ao traballo na práctica.
Apostan por unha filosofía do deseño proxectual baseada no encontro das palabras e as ideas, a ética e a función pública da arquitectura. A súa motivación é lograr unha arquitectura que conxugue a súa dimensión artística coa súa misión de satisfacer necesidades humanas, materiais e simbólicas. Consideran a arquitectura como unha profesión que ten que escoitar (o que se di e o que non) para sintonizar cos requirimentos do lugar, tanto físicos como culturais.
Grafton Architects representou a Irlanda na Bienal de Venecia en 2002 e exhibiu de novo na Bienal en 2008. O seu proxecto da Universidade Bocconi de Milán, que gañou o premio World Building of the Year, foi amplamente aclamado e exhibido."Università Luigi Bocconi by Grafton Architects", dezeen, 27 de outubro de 2008. Data de acceso: 8 de marzo de 2012. En 2009, o edificio do Departamento de Facenda no centro da cidade de Dublín gañou o Premio de Confianza Cidadá, así como un premio especial da Architectural Association de Irlanda.
Academia Farrell foi profesora na Universidade de Dublín desde 1976 e foi profesora convidada na Academia de Arquitectura de Mendrisio, Suíza, desde 2008. Ocupou a cátedra Kenzo Tange na Graduate School of Design de 2010 de Harvard e actualmente é profesora da EPFL de Lausana. Ditou numerosas conferencias nas escolas europeas e americanas de arquitectura, incluíndo Oslo, Estocolmo, Berlage, Yale, Buffalo, St. Louis, Kansas City e Tampa.
Comisarias da Bienal de Venecia A Bienal de Arquitectura de Venecia anunciou que as integrantes de Grafton Architects serían as comisarias da edición 2018.
Obras
2006: Solstice Arts Centre, Navan, Co.Meath, Irlanda. 2008: Waterloo Lane, Dublín 4, Irlanda. 2012: Universidade de Limerick Escola Médica, Limerick, Irlanda. 2014: Memoria / Grafton Arquitectos, coa colaboración de ELISAVA para os 300 Anos de Espírito Catalán, España. Edificio Paul Marshall, Escola de Londres de Economía e Ciencia Política (LSE), Londres. UTEC- Universidade de Enxeñaría & Tecnoloxía, Lima. Concurso 2011, Proxecto 2015
Premios e Exposicións
"Bocconi Projects" no Pavillón italiano, Bienal de Venecia, ‘Next', 2002. Dunshaughlin Oficinas cívicas, Co. Meath, Premio de Arquitectura Contemporánea da Unión Europea – Premio Mies van der Rohe, 2003. Premio World Building of the Year, 2008 para a Universidade Luigi Bocconi en Milán, Italia. Universidade Luigi Bocconi nomeada para o Premio Mies van der Rohe en 2009. Universidade Luigi Bocconi, Premio World Building of the Year, 2008 para Grafton Architects, RAIA, 2009. Participación na Irish Group Exhibition, The Lives of Spaces, Bienal de Venecia, 2010. "Architecture as New Geography", León de Prata da Bienal de Venecia, Exposición de Common Ground, 2012. Universidade de Limerick, Escola de Medicina e Refuxio de Autobús, nomeados para o Premio RIBA Stirling, 2013. Universidade de Limerick, Escola de Medicina e Residencias Estudantís, Piazza e Pérgola, Premio europeo da RIBA, 2013. "Campus da Universidad de Limerick o campus" exhibido na mostra Sensing Spaces na Royal Academy. Nomeadas para o Premio AJ Mulleres en Arquitectura, 2014. Premio Jane Drew, 2015.
Recoñecementos Yvonne Farrell é membro do Real Instituto de Arquitectos de Irlanda, membro honorario do Real Instituto de Arquitectos Británicos e membro electo de Aosdána, a organización de arte irlandesa."Yvonne Farrell" , Irish Architecture Foundation. Data de acceso: 8 de marzo de 2012.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Debuxos de Yvonne Farrell no MoMA Grafton Architects website
Categoría:Premio Pritzker Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados no condado de Offaly Categoría:Arquitectos de Irlanda Categoría:Alumnos do University College Dublin Categoría:Profesores do University College Dublin