O termo Nauplio pode referirse a:

Bioloxía Nauplio, tamén chamado Nauplius, é a primeira larva característica dos crustáceos.

Mitoloxía grega Nauplio, un fillo do deus Poseidón e de Amimone, filla de Dánao. Segundo a mitoloxía grega foi o fundador da cidade de Nauplia. Coñécese como Nauplio I para diferencialo do seguinte. Nauplio, un tataraneto do anterior, que foi rei de Nauplia. Coñecido como Nauplio II.