miniatura| 250px | Pirámide de Senusret II en El-Lahun. Foi un faraón da XII dinastía O século XIX antes de nosa era comezou o 1 de xaneiro do ano 1900 a. C. e terminou o 31 de decembro de 1801 a. C.
Acontecementos relevantes 1900 a. C.: Transición do período heládico temperá III ao heládico medio en Grecia. ca. 1900 a. C.: comeza o período minoico no Palacio Antigo (Protopalatial) en Creta. ca. 1900 a. C.: caída da última dinastía Sumeria. ca. 1900 a. C.: Harappan tardío comeza a fase da Civilización do val do Indo ca. 1900 a. C.: os Mokaia ao longo da costa do Pacífico na actualidade Chiapas, México preparaban bebidas de cacao. ca. 1900 a. C.: o porto de Lothal é abandonado. Imperio hitita en Hattusa, Anatolia. ca. 1897 a. C.: Senwosret II (XII dinastía) comezou a gobernar. Construíu Kahun preto do complexo de pirámides en el-Lahun. ca. 1895 - 1878 a. C.: fíxose o "Pectoral de Senwosret II", da tumba de princesa Sithathoryunet en el-Lahun. XII dinastía. Agora está no Museo Metropolitano de Arte, Nova York. ca. 1880 a. C. : o Faraón Senwosret II comeza a gobernar (outra data é o 1897 a. C. ). 1878 a. C. : morre Senwosret II (XII dinastía)). ca. 1878 a. C. : Senwosret III (XII dinastía) comeza a gobernar. 1876 a. C. : os israelitas entran en Exipto despois de dous anos de fame (segundo unha interpretación da cronoloxía interna Bíblica; unha data alternativa é o 1986 a. C. ). ca. 1874 a. C. : morre o Faraón Senwosret II (outra data é o 1878 a. C. ). ca. 1874 a. C. : comeza a gobernar o faraón Senwosret III (outra data é o 1878 a. C. ). ca. 1860 a. C. : Senusret III controla a fronteira Nubia, dirixiu catro campañas punitivas contra os pobos nubios. ca. 1860 a. C. : Amenemhat III comeza a gobernar ca. 1855 a. C. : morre o faraón Senwosret III (outra data é 1839 a. C.). ca. 1839 a. C. : morre Senwosret III (XII Dinastía). 1836 - 1818 a. C. : escúlpese a cabeza de Senusret III. XII dinastía exipcia. Consérvase agora no Museo de Arte Nelson-Atkins, Kansas City, Missouri.
Demografía No val do río Indo (Paquistán), aparecen as primeiras aglomeracións urbanas (cultura de Harappa), que se poboan rapidamente. Realizan edificios de ladrillos e instalacións de canalización. 1890 a. C. : no mar Exeo, a 35 km ao nordés de Heraklion (capital de Creta) sucede un terremoto. Descoñecesee o número de mortos. Véxase Terremotos anteriores ó século XX. 1831a. C. : en Shandong (China) ocorre un terremoto. Morre un número non determinado de miles de persoas.
Ciencia e tecnoloxía 1900 a. C. : os habitantes de Hattusa aprenden un fundir o ferro. En Exipto, baixo o reinado de Amenemhat III, realízanse obras para regular as augas do lago Moeris.
Guerras e política 1900 a. C. : expansión de Mesoasiria. 1894 a. C. : a cidade de Babilonia forma un estado. 1878 a. C. : en Exipto, empeza a máxima expansión do Imperio Medio con Sesostris III no trono, pertencente á XI dinastía. 1841 a. C. : termina a máxima expansión do antigo Exipto coa morte de Sesostris III. 1812 a. C. : en Babilonia comeza o reinado de Sîn-Muballit, quinto rei da primeira dinastía de Babilonia.
Comercio A influencia exipcia chega ata a Baixa Nubia, abríronse rutas comerciais cara a Sinaí, Creta e Biblos.
Cultura En Hawara (Exipto) constrúe a pirámide e o templo funerario. Na escultura exipcia desenvólvese o Novo Realismo, con obras como O xogador de dados, e as estatuas de Sesostris III, Amenemhat III e as esfinxes reais. Literatura exipcia: Ensinanzas do rei Amenemhat e Historia de Sinué. A cultura de Los Millares é substituída pola de El Argar.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Século -XIX