Marina Ginestà i Coloma, nada en Tolosa, Francia o 29 de xaneiro de 1919 e finada en París o 6 de xaneiro de 2014, foi unha militante comunista durante a Segunda República e a guerra civil española.
Marina Ginestà adquiriu notoriedade pola fotografía que o 21 de xullo de 1936 lle tomou o fotógrafo alemán Hans Gutmann na terraza do Hotel Colón de Barcelona, cando contaba apenas con 17 anos de idade. Esta foto converteuse nunha das iconas gráficas da guerra civil. Durante a contenda traballou como xornalista de varios medios de comunicación republicanos, así como mecanógrafa e intérprete do correspondente do diario soviético Pravda, Mikhaíl Koltsov.
Notas
Categoría:Nados en 1919 Categoría:Nados en Tolosa, Francia Categoría:Finados en 2014