La odisea de los giles é un filme arxentino de 2019 co-escrito e dirixido por Sebastián Borensztein. Baséase na novela La noche de la Usina escrita por Eduardo Sacheri, quen tamén co-escribiu o guión. Está protagonizado por Ricardo Darín, Luis Brandoni, Chino Darín, Verónica Llinás, Daniel Aráoz, Carlos Belloso, Marco Caponi, Rita Cortese e Andrés Parra.

La odisea de los giles estreouse na Arxentina o 15 de agosto de 2019, e tivo a súa estrea internacional na sección de Presentacións Especiais do Festival Internacional de Cinema de Toronto. O filme recibiu a aclamacion da crítica polas súas interpretacións, e foi comparado con How to Steal a Million (1966) e Ocean's Eleven (2001). Foi escollido como candidato da Arxentina para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse A historia sitúase durante a crise arxentina de 2001. Un grupo de veciños dunha pequena localidade arxentina (Alsina) intenta superar a crise cun proxecto colectivo. Cando chega o corralito vense envoltos nunha estaba que os deixa case na ruína, mais axiña verán a ocasión de vingarse mediante métodos sui generis.

Personaxes Ricardo Darín como Fermín Perlassi Luis Brandoni como Antonio Fontana Chino Darín como Rodrigo Perlassi, fillo de Fermín Verónica Llinás como Lidia Perlassi, muller de Fermín e nai de Rodrigo Daniel Aráoz como Belaúnde Carlos Belloso como Medina Marco Caponi como Hernán Rita Cortese como Carmen Largio, como nai de Hernán Andrés Parra como Fortunato Manzi

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes da Arxentina propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 92ª edición dos Óscar Ligazóns externas Tráiler oficial en YouTube

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes da Arxentina Categoría:Filmes dirixidos por Sebastián Borensztein Categoría:Filmes ambientados na Arxentina