Fitzcarraldo é un filme alemán de 1982 escrito e dirixido por Werner Herzog e protagonizado por Klaus Kinski. Conta a historia dun señor do caucho, un irlandés coñecido no Perú como Fitzcarraldo, que está determinado a transportar un barco de vapor sobre un outeiro para acceder a un rico territorio do caucho na conca do Amazonas. O filme baseáse nos feitos reais do peruano Carlos Fitzcarrald e a súa fazaña de transportar un barco de vapor desmontado sobre o istmo de Fitzcarrald.

O filme tivo unha produción complicada. Herzog obrigou ó seu equipo a transportar manualmente o barco de vapor de 320 toneladas por un outeiro, o que provocou tres feridos. O protagonista orixinal do filme, Jason Robards enfermou na metade da rodaxe polo que Herzog contou con Kinski, con quen previamente tivera un enfrontamento violento durante a produción de Aguirre, der Zorn Gottes. A súa segunda colaboración non foi mellor e un dos extras mesmo se ofreceu a matar a Kinski.

Foi escollido como candidato de Alemaña do Oeste para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 55ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences

Personaxes Klaus Kinski como Brian Sweeney Fitzgerald (Fitzcarraldo) Claudia Cardinale como Molly José Lewgoy como Don Aquilino Miguel Ángel Fuentes como Cholo Paul Hittscher como Capitán (Orinoco Paul) Huerequeque Enrique Bohórquez como Huerequeque (o cociñeiro) Grande Otelo como xefe da estación Peter Berling como dono da ópera David Pérez Espinosa como xefe do campamento indíxena Milton Nascimento como home negro na casa da ópera Ruy Polanah como señor do caucho Salvador Godínez como misioneiro vello Dieter Milz como misioneiro novo William "Bill" Rose como notario

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Alemaña propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 55ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1982 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de Alemaña do Oeste Categoría:Filmes dirixidos por Werner Herzog Categoría:Filmes rodados no Perú Categoría:Filmes ambientados no Brasil Categoría:Filmes ambientados no Perú