Benignidade (voz derivada de benigno, do latín benignus "bo, amable", e este á súa vez de bonus "bo, boa" e genus "orixe, nacemento, familia, clase") é un termo médico que fai referencia a todo tipo de condición médica que non produce danos a longo prazo. Úsase para describir doenzas que evolúen de maneira media non progresiva. Como descritor de tumores non canceríxenos (non malignos) ou neoplasmas denota a benevolencia dunha enfermidade ou o seu curso (e.g. no caso de tumores ou crises epilépticas), pero pode referir outras condicións de saúde. Un tumor benigno respecta sempre a membrana basal cando medra de modo que non invade vasos ou tecidos adxacentes. Como resultado, esténdese menos rapidamente ca os tumores malignos. O oposto a benignidade é malignidade (ou virulencia en discurso médico).

En oncoloxía (o estudo do cancro) Tumor benigno (é xeralmente sinónimo de neoplasma benigno, ou neoplasia).

Fóra da oncoloxía Hipertensión intracraniana benigna Encefalomielite miálxica benigna Vertixe posicional paroxística benigna Hiperplasia prostática benigna Malaria benigna (malaria causada especificamente por Plasmodium vivax ou Plasmodium ovale)

Véxase tamén Outros artigos Premalignidade

Categoría:Oncoloxía