miniatura|250px|Macho de pita do monte cantábrica, subespecie que se deu por extinguida nos Ancares, a poboación máis occidental da subespecie, e a última zona na que sobreviviu, xa que os últimos cantadeiros ocupados observáronse en 2005, pero aínda se atopa esporadicamente debido ao movemento de exemplares de poboacións limítrofe, polo que está incluída no Catálogo galego de especies ameazadas. miniatura|250px|Macho e femia de Emberiza schoeniclus lusitanica, a subespecie da escribenta das canaveiras presente en Galicia, que se encontra en perigo crítico de extinción.

O Catálogo galego de especies ameazadas (CGEA) é un documento creado en 2007 pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, de acordo coa normativa do Consello de Europa e do Reino de España, para regular a protección da flora e da fauna galegas, así como os seus hábitats.

Inicialmente figuraban nela 193 especies e subespecies, e en 2011 engadíronse sete máis, dando un total de 200 especies.

Entre elas están, por exemplo, a ameixa perlífera de río, o cangrexo de río, a pita do monte (xa extinguida en Galicia), ou o oso pardo, ademais de decenas de especies de algas, liques, fentos, brións e plantas superiores, algunhas delas endémicas.

Xustificación da creación do CGEA Segundo a Consellería de Medio Ambiente, o CGEA deseñouse sobre as bases da interpretación da Lei 4/1989, do 27 de marzo, dada pola sentenza 892/1999, do 18 de maio do Tribunal Supremo de España. Con respecto ao Catálogo Nacional de Especies Ameazadas (CNEA) esta sentenza sinalou que a categoría "De interese especial" agrupa un gran número de taxons que, sen encontrarse nunha situación real de ameaza, merecen unha atención particular, non sendo polo tanto unha categoría de ameaza como tal. En virtude do exposto, ante a necesidade de definir adecuadamente a situación real de ameaza dalgunhas especies incluídas no CGEA e adaptar as categorías de ameaza á xurisprudencia do Tribunal Supremo, e dado que o CGEA se configura como un instrumento dinámico e revisábel a teor do coñecemento científico-técnico e das estratexias globais en conservación, este decreto soamente regula as categorías de "En perigo de extinción" e "Vulnerábeis", quedando pendente o desenvolvemento das outras categorías de ameaza establecidas na Lei 9/2001, do 21 de agosto.

Lista inicial de especies Na lista inicial estaban incluídas as seguintes especies e subespecies.

Flora en perigo de extinción miniatura|250px|Lecanographa dialeuca miniatura|250px|Christella dentata

Algas Griffithsia opuntioides Petalonia zosterifolia

Liques Bactrospora carneopallida Lecanographa dialeuca Leptogium cochleatum Pseudocyphellaria aurata

Brións Splachnum ampullaceum Zygodon conoideus

Fentos

Cheilanthes guanchica Christella dentata Culcita macrocarpa Hymenophyllum wilsonii Isoetes fluitans Lycopodiella inundata Pilularia globulifera

Plantas superiores miniatura|250px|Cytisus insularis miniatura|250px|Erodium maritimum

Antirrhinum majus linkianum Armeria humilis odorata Armeria humilis humilis Armeria merinoi Callitriche palustris Centaurea borjae Centaurea ultreiae Chaetopogon fasciculatus prostratus Crepis novoana Cytisus insularis Deschampsia setacea Eleocharis parvula Erodium maritimum Eryngium duriaei juresianum Eryngium viviparum Euphorbia uliginosa Genista ancistrocarpa Hydrocharis morsus-ranae Iris boissieri Leucanthemum gallaecicum Limonium dodartii Linaria polygalifolia aguillonensis Linaria arenaria Luronium natans Nymphoides peltata Omphalodes littoralis gallaecica Petrocoptis grandiflora Quercus lusitanica (poboación do monte Pindo) Rhamnus pumila legionensis Rhynchospora fusca Rhynchospora modesti-lucennoi Rumex rupestris Santolina melidensis Scirpus pungens Serratula legionensis Succisa pinnatifida

Fauna en perigo de extinción miniatura|245px|Austropotamobius pallipes miniatura|245px|Botaurus stellaris miniatura|245px|Schistostega pennata miniatura|245px|Dryopteris aemula miniatura|245px|Woodwardia radicans miniatura|245px|Narcissus cyclamineus miniatura|245px|Prunus lusitanica miniatura|245px|Unio pictorum miniatura|245px|Chioglossa lusitanica miniatura|245px|Bubo bubo miniatura|245px|Galemys pyrenaicus miniatura|245px|Tursiops truncatus

Moluscos Bolma rugosa Eastonia rugosa Elona quimperiana Ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera)

Artrópodos Austropotamobius pallipes Gomphus graslinii Macromia splendens Bolboreta arlequín (Zerynthia rumina)

Réptiles Chalcides bedriagai (Poboacións insulares e da provincia da Coruña) Dermochelys coriacea Emys orbicularis

Aves

Anas crecca (Poboación nidificante) Aquila chrysaetos Abetouro común (Botaurus stellaris) Burhinus oedicnemus Emberiza schoeniclus lusitanica Gallinago gallinago (Poboación nidificante) Milvus milvus Numenius arquata (Poboación nidificante) Pandion haliaetus Puffinus mauretanicus Pita do monte cantábrica (Tetrao urogallus cantabricus) Tetrax tetrax Uria aalge (Poboación nidificante) Vanellus vanellus (Poboación nidificante)

Mamíferos Ursus arctos

Especies da flora vulnerábeis Algas Ahnfeltiopsis pusilla Fauchea repens Lithothamnion corallioides Phymatolithon calcareum Solieria chordalis

Brións

Barbilophozia binsteadii Cephalozia connivens Cephalozia crassifolia Chiloscyphus fragans Cryphaea lamyana Cyclodictyon laetevirens Fontinalis squamosa Frullania oakesiana Hamatocaulis vernicosus Lepidozia cupressina Metzgeria temperata Orthodontium pellucens Radula holtii Riccia fluitans Riccia huebeneriana Schistostega pennata Sphagnum magellanicum Sphagnum molle Sphagnum pylaesii Tayloria tenuis Telaranea nematodes Tortula solmsii Ulota calvescens Ulota coarctata

Fentos Dryopteris aemula Dryopteris guanchica Hymenophyllum tunbrigense Vandenboschia speciosa Woodwardia radicans

Plantas superiores

Alyssum loiseleurii Arabis juresii Armeria rothmaleri Campanula adsurgens Cardamine raphanifolia Carex hostiana Centaurea gallaecica Festuca brigantina actiophyta Galium teres Isatis platyloba Leontodon farinosus Limonium humile Linkagrostis juresii Narcissus asturiensis Narcissus cyclamineus Narcissus pseudonarcissus nobilis Prunus lusitanica Ranunculus serpens Ranunculus bupleuroides Santolina semidentata Scirpus triqueter Sedum pruinatum Selinum carvifolia broteri Silene marizii Spergula viscosa Spiranthes aestivalis Thymelaea broteriana Utricularia minor Veronica micrantha

Especies da fauna vulnerábeis Cnidarios Eunicella verrucosa

Moluscos Anodonta cygnea Charonia lampas Geomalacus maculosus Potomida littoralis Unio pictorum

Artrópodos Aricia morronensis Cerambyx cerdo Oxygastra curtisii

Equinodermos Echinus esculentus

Ágnatos Petromyzon marinus Poboacións do Cantábrico (desde o río Eo até o cabo Ortegal) e do Arco Ártabro (desde o cabo Ortegal até as illas Sisargas).

Peixes Alosa alosa Gasterosteus aculeatus

Anfibios

Chioglossa lusitanica Discoglossus galganoi (Poboacións insulares) Hyla arborea Lissotriton boscai (Poboacións insulares) Pelobates cultripes Rana iberica Rana temporaria parvipalmata Salamandra salamandra (Poboacións insulares)

Réptiles

Anguis fragilis (Poboacións insulares) Caretta caretta Chalcides bedriagai Iberolacerta galani Iberolacerta monticola Poboacións de baixa altitude da provincia da Coruña e de montaña da provincia de Ourense. Lacerta vivipara Natrix maura (Poboacións insulares) Cobra de colar (Poboacións insulares) Rhinechis scalaris (Poboacións insulares) Timon lepidus (Poboacións insulares)

Aves

Bubo bubo Charadrius alexandrinus Circus cyaneus Circus pygargus Haematopus ostralegus (Poboación nidificante) Hieraaetus fasciatus Himantopus himantopus Hydrobates pelagicus Ixobrychus minutus Luscinia svecica Neophron percnopterus Perdix perdix hispaniensis Phalacrocorax aristotelis Phoenicurus phoenicurus Rissa tridactyla Scolopax rusticola (Poboación nidificante)

Mamíferos

Galemys pyrenaicus Miniopterus schreibersii Myotis bechsteinii Myotis blythii Myotis emarginatus Myotis myotis Myotis mystacinus Nyctalus lasiopterus Nyctalus noctula Phocoena phocoena Rhinolophus euryale Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros Tursiops truncatus

Estado actual Só 3 das 200 especies ameazadas de Galicia contan cun plan de protección. Para protexer estas especies a normativa contempla o desenvolvemento de plans de conservación (para as que están na categoría de vulnerábeis) ou de recuperación (para as que están en perigo de extinción). Para facer cumprir a normativa, polo tanto, cada especie debería ter desenvolvido o seu propio plan de protección. Contemplábase a posibilidade, con todo, de que algún grupo de taxons puidera agruparse ao abeiro dun mesmo plan integral, de coexistir nun mesmo hábitat e requirir accións análogas de protección. Pero case 12 anos despois da publicación do CGEP, o 98,5 % das especies ameazadas en Galicia segue sen plan de protección. O último publicado, en 2014, foi o da píllara das dunas. Antes aprobáranse o da escribenta das canaveiras e a do sapoconcho común (en 2013). Respecto ao oso pardo, o borrador da revisión do plan, aprobado en 1992, figura na web da Consellería de Medio Ambiente con data de 2013, sen que se teñan producido máis avances. Hai case dous anos o presidente da Xunta de Galicia anunciou a creación da "Lista de especies silvestres en réxime de protección especial de Galicia", subliñando que o obxectivo da Xunta era conseguir até 2020 a aprobación de 45 plans de protección. Desde entón, e aínda que se están elaborando borradores destes plans, ningún deles viu aínda a luz.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Instrumentos de conservación de especies ameazadas. Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Programa de especies ameazadas. Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. La Xunta ultima un primer catálogo con 190 especies amenazadas Xavier Lombardero, La Voz de Galicia, 07-06-2006. Galicia tiene 72 especies amenazadas que esperan un plan de protección desde 2007. Faro de Vigo, 23-04-2018. Galicia leva doce anos agardando pola protección de máis de 70 especies en perigo de extinción Galicia Confidencial, 22-04-2019. Só 3 das 200 especies ameazadas na Galiza teñen un plan de conservación en vigor Nós Diario, 22-04-2019. Estes son os animais e plantas máis ameazados pola extinción en Galicia Marcos Pérez Pena, en Praza.gal, 11-05-2019.

Categoría:Conservacionismo Categoría:Especies ameazadas Categoría:Xunta de Galicia