Frei Manuel de Villarroel, nado en Valladolid o 8 de decembro de 1661 e finado o 19 de abril de 1731, foi un monxe español., Fernando. "Villarroel, Frei Manuel de". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. miniatura|Emmanuelis de Villarroel Pintiani. Tautologias tomvs primvs. Typ. Emmanvelis Rviz de Mvrga 1704. Traxectoria Frei Manuel colleu os hábitos beneditinos no mosteiro de San Salvador de Lourenzá, en Lugo, alí pasou a maior parte da súa vida e realizou importantes obras en diferentes partes do edificio.

Foi escollido predicador xeral, en 1688, catedrático de Sagrada Escritura en Salamanca, e tamén foi abade de Lourenzá dúas veces, entre 1709 e 1713, e entre 1721 e 1725.

Posteriormente foi elixido bispo de Porto Rico.

Obras Foi famoso pola profundidade dos seus coñecementos clásicos e polo seu carácter polifacético en diferentes campos. A súa produción literaria foi moi ampla, e publicou as seguintes obras: Scena sacra de varias oraciones panegyricas (Madrid, 1702). Práctica de la regla de nuestro padre San Benito (Madrid, 1705). Tautologias (Madrid, 1703-29), oito volumes, escritos en latín. Ephemerides sacrae et prophanae, thesaurus temporum in quatuor tempora. Hyems (Madrid, 1730). Esta obra ía conter catro tomos pero só puido publicar dous, o segundo deles publicado xa postumamente.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Nados en 1661 Categoría:Finados en 1731 Categoría:Beneditinos de España Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Bispos católicos do século XVIII Categoría:Bispos da Igrexa católica latina